Bandeira de Daguestán
Bandeira de Daguestán | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 26 de febreiro de 1994 (orixinal) 19 de novembro de 2003 (modificada) |
Cores | Verde Vermello Azul |
A bandeira de Daguestán (en ruso: Флаг Дагестана; en ávaro: Дагъистаналъул байрахъ; en azarí: Dağıstan bayrağı) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),[1] azul (polo mar Caspio),[1] e vermello (pola coraxe e fidelidade).[1] O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.
Esquema de cores
[editar | editar a fonte]O esquema de cores oficiais foi declarado o 19 de novembro de 2003.[2]
Esquema de cores |
Verde | Azul | Vermello |
---|---|---|---|
CMYK | 100-0-50-42 | 100-66-0-35 | 0-80-86-16 |
HEX | #009349 | #0039A6 | #D52B1E |
RGB | 0-147-73 | 0-57-166 | 213-43-30 |
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Despois da formación da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán, a partir da República Montañosa do Cáucaso Norte en 1921, Daguestán tivo varias bandeiras seguindo o modelo das outras Repúblicas Autónomas, primeiro como bandeiras vermellas coas iniciais da república (é dicir, "ДАССР") e despois unha bandeira da república co mesmo nome. Coa caída da Unión Soviética, Daguestán deixou caer o А (para Автономная, "autónomo") da súa bandeira e a inscrición rezaba simplemente "ДССР".[3] Unha bandeira con franxas horizontais azuis e amarelas puido usarse brevemente en 1993 e 1994 ata que se adoptou unha variación do tricolor horizontal actual en 1994.[3]
-
Bandeira do Imanato do Cáucaso no século XIX (Imanato de Daguestán).
-
Bandeira da República Montañosa do Cáucaso Norte, 1917–1920.
-
Bandeira da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán (1925–1927).
-
Bandeira da RASS de Daguestán (1927–1954).
-
Bandeira da RASS de Daguestán (1954–1991).
-
Bandeira da RSS de Daguestán (1991) e da República de Daguestán (1991–1994).
-
Bandeira da República de Daguestán (1994–2003).
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]Varios pobos de Daguestán idearon as súas propias bandeiras étnicas:
-
Bandeira do pobo ávaro de Daguestán.
-
Bandeira do pobo agul de Daguestán.
-
Bandeira do pobo cumuco de Daguestán.
-
Bandeira do pobo lak de Daguestán.
-
Bandeira do pobo nogai de Daguestán.
-
Bandeira do pobo lezguio de Daguestán.
-
Bandeira do pobo rutul de Daguestán.
-
Bandeira do pobo tabasaran de Daguestán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 The World Encyclopedia of Flags, Alfred Znamierowski (pub. Hermes House, 2002), p. 160
- ↑ "Символика". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Flags of the World (1999–2001). "Dagestan on Flags of the World". Arquivado dende o orixinal o 2008-10-21. Consultado o 2008-12-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Daguestán |