Bandeira de Guam
Aparencia
Bandeira de Guam | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 9 de febreiro de 1948 |
Cores | Azul Vermello |
A bandeira do territorio de Guam, pertencente aos Estados Unidos, foi adoptada o 9 de febreiro de 1948.[1] A bandeira territorial é de cor azul escuro cun estreito bordo vermello por todos os lados (o bordo foi un engadido posterior). O bordo vermello representa o sangue derramado na segunda guerra mundial e durante a soberanía española no territorio. No centro da bandeira está o escudo de armas; un emblema en forma de améndoa, que representa unha proa navegando na baía de Hagåtña preto de Hagåtña, e GUAM coloreado con letras vermellas.[2][3] A forma do emblema lembra as pedras de tiracoios usadas polos antigos chamorros. O terreo do fondo representa o cantil Two Lovers Point de Guam.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guam Flag, Nylon (U.S. Territory)". Flag and Banner. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
- ↑ Grabowski, John F. (1992). U.S. Territories and Possessions (State Report Series). Chelsea House Pub, páxina 39. ISBN 9780791010532.
- ↑ Kristen, Katherine (1999). Pacific Islands (Portrait of America). San Val, páxina 46. ISBN 9780613032421.
- ↑ "Seal of Guam, Flag and anthem of Guam U.S.A.". Government of Guam. Arquivado dende o orixinal o 2007-11-07. Consultado o 2007-10-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Guam |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bandeira de Guam en Flags of the World (en inglés)