Saltar ao contido

Bandeira do Quebec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Quebec
Bandeira do Quebec
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción21 de xaneiro de 1948
Cores     Azul      Branco

A bandeira do Quebec, tamén chamada en francés: Fleurdelisé, é a bandeira oficial da provincia canadense do Quebec. Consiste nunha cruz branca sobre un fondo de cor azul, con catro flores de lis brancas.[1]

Foi a primeira bandeira provincial adoptada oficialmente no Canadá e foi ondeada por vez primeira o 21 de xaneiro de 1948 no edificio do parlamento da cidade de Quebec, durante a administración de Maurice Duplessis. A lexislación que regula o seu uso foi promulgada o 9 de marzo de 1950. O día da bandeira do Quebec (21 de xaneiro) conmemora a súa adopción cada ano, aínda que se celebrou durante algún tempo no mes de maio.[2]

A proporción oficial da bandeira é 2:3 (longo a lonxitude), mais a bandeira é moi a miúdo visto como 1:2 para emparellala en tamaño coa bandeira do Canadá cando ondean xuntas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]