Bandeira dos guaranís
Bandeira dos guaranís | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 2015 (símbolo departamental de Tarija) 2020 (bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae) |
Cores | Celeste Verde Marrón |
A bandeira dos guaranís (en guaraní: Guarani poyvi) é o símbolo que representa os guaranís, un pobo indíxena de América do Sur cuxa distribución tradicional é o estado actual de Paraguai, entre os ríos Uruguai e Paraguai, a Provincia de Misiones da Arxentina, o sur do Brasil, outrora até Río de Xaneiro, e partes do Uruguai e Bolivia.[1] A bandeira foi deseñada polas Autoridades da Asemblea Nacional do Pobo Guaraní (A.P.G), dirixentes dos Pobos Guaranís e o Consello Guaraní, e representa os distintos pobos guaranís existentes, como os weenhayek, os tapietes e ava guaranís. Foi adoptada en 2015 como símbolo departamental de Tarija, en Bolivia.[2][3][4] Dende 2020, é a bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae de Bolivia.
Cada pobo ten tamén a súa propia bandeira, mais quixemos identificarnos primeiro con esta.Teófilo Murillo Bayard, secretario de Pobos Indíxenas
Uso
[editar | editar a fonte]Dende 2015, é izada en actos da gobernación de Tarija, a carón da bandeira de Bolivia e a bandeira departamental.[5]
En 2020, foi adoptada como bandeira oficial do Territorio Autónomo Guaraní Charagua Iyambae.
Simboloxía
[editar | editar a fonte]- A cor celeste representa a contorna, a cultura, a liberdade, o futuro, o aire, o ceo e os ríos.
- A cor verde representa a biodiversidade, as serras, as chairas, a flora e a fauna.
- A cor marrón representa a terra, os territorios dos pobos guaranís e os recursos naturais dos subsolos.[5]
Outras bandeiras guaranís
[editar | editar a fonte]-
Outra versión da bandeira dos guaranís, coas cores de fondo da bandeira de Paraguai.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Society-GUARANI". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2006. Consultado o 18 de febreiro de 2017.
- ↑ "WEENHAYEK".
- ↑ "Tapiete (Ñandereta)".
- ↑ "Indígenas orgullosos de su bandera y sus colores en la Gobernación". 23 de xuño de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 "Indígenas orgullosos de su bandera y sus colores en la Gobernación".
- ↑ "Emergencia territorial indígena: piden que se prorrogue la ley para terminar el relevamiento". Agencia Andar. 25 de setembro de 2017.
- ↑ Galmarini, Miguel (24 de abril de 2019). "La Policía incorpora la Bandera guaraní con los colores del arco iris". Misiones.
- ↑ "Argentina: Reconocen a la bandera wiphala como emblema de los pueblos originarios".
- ↑ "LEY 6.781, 20 de Abril de 2011, Reconocerse a la bandera indigenista "Wiphala", como emblema de los pueblos originarios de América.".