Saltar ao contido

Bandeira dos purépechas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos purépechas
Bandeira dos purépechas
Características
Uso
Proporción10:19
Adopción1980
Cores     Púrpura      Azul      Amarelo      Verde

A bandeira dos purépechas é a bandeira oficial do pobo purépecha, unha nación indíxena de Michoacán, México. Esta bandeira consta de catro campos de catro cores cun escudo e as palabras Juchari Uinapekua (A nosa forza en lingua purépecha) debaixo do escudo. Esta bandeira é única no seu tipo e xurdiu na cidade de Santa Fe de la Laguna en 1980. É unha bandeira étnica de México.[1]

A bandeira purépecha orixinal de Santa Fe de la Laguna, Michoacán, deseñada en 1980.

A bandeira purépecha xorde como símbolo de unión e identidade con todos os purépechas, e como resposta á explotación e discriminación das comunidades indíxenas. O pintor José Luis Soto González deseñou a bandeira dos purépechas, a cal formou parte do acto de toma da bandeira purépecha na comunidade michoacana de Santa Fe de la Laguna, concello de Quiroga, o luns 17 de novembro de 1980.

Nos últimos anos rexurdiu con forza a bandeira como símbolo deste pobo, trátase dunha insignia civil que retoma as cores da devandita bandeira e que comeza a ter unha forte presenza nas vilas de Michoacán, sobre todo nas que falan a lingua purépecha. Ao non existir ningún documento que regule o uso deste emblema, tomou infinidade de variantes que non se corresponden con ideas simbólicas e provocaron discusións sobre o deseño histórico da bandeira.[2]