Bank of America
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Bank of America Corporation | |
---|---|
Bank of America Corporate Center, sede central en Charlotte, Carolina do Norte | |
Fundación | 1998 (fusión de BankAmerica e NationsBank) 1956 (como BankAmerica) 1784 (como o seu predecesor, Massachusetts Bank, pola fusión con FleetBoston en 1999) |
Localización | Charlotte, Carolina do Norte (corporación) Nova York (banca de investimento) |
Fundador | Amadeo Giannini (BankAmerica) Hugh McColl (NationsBank) |
Número de empregados | 213 000 (2020)[1] |
Na rede | |
https://www.bankofamerica.com/, https://bofaml.com, https://www.private.bankofamerica.com e https://www.privatebank.bankofamerica.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Bank of America Corporation (coñecido simplemente como Bank of America e en ocasións abrevidado BofA ou BoA) é unha empresa estadounidense de tipo bancario e de servizos financeiros multinacional con sede central en Charlotte, Carolina do Norte. É o segundo maior holding bancario dos Estados Unidos por activos.[2] En 2010, Bank of America foi a quinta compañía máis grande do país por ingresos totais,[3] e a terceira non petroleira despoois de Walmart e General Electric. En 2010, a revista Forbes clasificou Bank of America como a terceira empresa máis grande do mundo.[4]
Coa adquisición de Merrill Lynch en 2008, Bank of America converteuse na maior empresa de xestión de riqueza do mundo e ten un papel importante no mercado da banca de investimento.
A compañía levou a cabo o 12,2 % de todos os depósitos bancarios dos Estados Unidos en agosto de 2009,[5] e é un dos catro grandes bancos dos Estados Unidos, xunto con Citigroup, JP Morgan Chase e Wells Fargo, os seus principais competidores.[6] Bank of America opera en todos os Estados Unidos e en máis de 40 países. Ten un tamaño de banca retallista, que cobre aproximadamente o 80 % da poboación dos Estados Unidos e atende preto de 57 millóns de consumidores e pequenas empresas en 5600 centros bancarios e 16 200 caixeiros automáticos (ATMs).[7]
Historia
[editar | editar a fonte]O actual Bank of America resultou da adquisición do antigo Bank of America polo NationsBank que se encarga de recibir información monetaria. Este foi fundado en 1874 en Charlotte, Carolina do Norte, como Commercial Nation Bank, que tras adquirir American Trust en 1957 pasou a chamarse North Carolina Nation Bank e en 1991 adoptou o nome de Nations Bank. En 1998, o NationsBank absorbeu Bank of America de San Francisco, e tomou o seu nome.
O Bank of America anterior a 1998 naceu a partir do Bank of Italy, fundado en 1904 por Amadeo Giannini en San Francisco. Durante o terremoto de San Francisco de 1906, Giannini foi quen de salvar do incendio o diñeiro depositado no edificio bancario. Desde entón estendeuse por todo o país mediante a compra de numerosos bancos. En 1997 as dificultades financeiras obrigaron a súa venda, que se concretou ao ser adquirido por NationsBank.
A finais de 2007 Bank of America comprou os activos estadounidenses do banco neerlandés ABN Amro, incluíndo LaSalle Bank, LaSalle Bank Midwest e ABN Amro North America, o que lle permitiu aumentar a súa presenza en áreas do país onde non estaba representado. En setembro de 2008 adquiriu o banco de investimento Merrill Lynch por 44 000 millóns de dólares tralo colapso de Lehman Brothers.[8] O presidente da Reserva Federal, Ben Bernanke, e Henry Paulson, fixeron presión a Bank of America para que non divulgase as perdas, que chegaron a 15 840 millóns de dólares no cuarto trimestre. Os reguladores intentaban previr un pánico sistémico.[9]
O 30 de marzo de 2009, Bank of America anunciou que integraría a súa filial Premier Banking dentro da división Merrill Lynch Global Wealth Management o que ocasionou o despedimento de centos de empregados. Este cambio produciuse para mellorar a posición do banco como administradores de clientes adiñeirados que posúen fondos de 100 000 e tres millóns de dólares. Os administradores de clientes de Premier Banking que estaban ao cargo das relacións a nivel persoal cos clientes deixarían ese rol para converterse en "especialistas de banca", que asistirían aos 18 000 asesores financeiros da compañía con recomendacións de produtos de banca. Os asesores, 16 000 dos cales chegaron de Merrill Lynch & Co. fixéronse cargo do trato cos clientes[Cómpre referencia]En abril de 2009, os fondos de pensión, que representan o 1 % das accións da empresa, opuxéronse á reelección de Kenneth Lewis, presidente de Bank of America. Os fondos alegan que os directores do banco nunca explicaron os beneficios da compra de Merril Lynch para os accionistas.[10] O 29 de abril, os accionistas designaron a Walter E. Massey como presidente do directorio e Ken Lewis permaneceu como director xeral e presidente executivo.[11]
Os reguladores dos Estados Unidos anunciaron, despois da proba de resistencia dos bancos en maio de 2009 que o banco tiña un déficit de 34 mil millóns de dólares,[12] nese momento o valor das accións do banco era de 70 mil millóns de dólares.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bank of America Corporation 2020 Annual Report (Form 10-K)". sec.gov. U.S. Securities and Exchange Commission. febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de marzo de 2018. Consultado o 2020-04-02.
- ↑ Wall Street Journal on line
- ↑ CNN
- ↑ Forbes
- ↑ Artigo
- ↑ USA Today
- ↑ Thomson
- ↑ El Bank of America compra Merrill Lynch por 31.000 millones, El País, 15 de setembro de 2008
- ↑ Rappaport, Liz (23 de abril de 2009). "Lewis Testifies U.S. Urged Silence on Deal". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 5 de outubro de 2021.
- ↑ "What's New". The Wall Street Journal. 21 de abril de 2009. Consultado o 21 de abril de 2009.
- ↑ Fitzpatrick, Dan; Eckblad, Marshall (4 de maio de 2009). "BofA Directors Continue to Support Lewis". The Wall Street Journal (en inglés).
- ↑ 12,0 12,1 EFE (6 de maio de 2009). "Alista EU veredicto sobre "salud" de los 19 mayores bancos del país" (en castelán). La Crónica de Hoy. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 7 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bank of America |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cohen, Lauren (2016). Bank of America Interview Tips. Os Ánxeles, CA: Smith-Westfield Press.
- Bonadio, Felice A. (1994). A.P. Giannini: Banker of America. Berkeley, CA: University of California Press. ISBN 978-0-520-08249-6.
- Hector, Gary (1988). Breaking the Bank: The Decline of BankAmerica. Boston: Little, Brown. ISBN 978-0-316-35392-2.
- James, Marquie; James, Bessie (1954). Biography of a Bank: The Story of Bank of America N.T.&S.A. Nova York: Harper and Brothers.
- Johnston, Moira (1990). Roller Coaster: The Bank of America and the Future of American Banking. Nova York: Ticknor & Fields. ISBN 9780899199559.
- Josephson, Matthew (1972). The Money Lords: The Great Finance Capitalists, 1925–1950. New York: Weybright and Talley.
- Lampert, Hope (1986). Behind Closed Doors: Wheeling and Dealing in the Banking World. Nova York: Atheneum. ISBN 9780689117473.
- Monnette, Orra Eugene. Personal Papers Collection. Os Ánxeles, CA: Los Angeles Public Library.
- Nash, Gerald G. (1992). A.P. Giannini and the Bank of America. Norman, OK: University of Oklahoma Press.
- Yockey, Ross (1999). McColl: The Man with America's Money. Atlanta: Longstreet Press.