Saltar ao contido

Barbara Fölscher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBarbara Fölscher
Biografía
NacementoPretoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Barbara Fölscher, nada en Pretoria, é unha escritora, documentalista e directora de televisión suráfricana. É profesora na Universidade de Stellenbosch e como escritora gañou o premio Eugène Marais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barbara Fölscher naceu en Pretoria e estudou na Universidade de Stellenbosch dende 1979. En 1981 obtivo un título de B.A. e en 1982 unha licenciatura en xornalismo. Traballou durante moito tempo como directora de televisión e cineasta de documentais, o que lle permitiu descubrir a diversa comunidade surafricana dun xeito único. Os seus programas sobre as historias das persoas deste país e o traballo que fixo en Europa, Taiwán, África e Inglaterra, outorgoulle máis de vinte premios xornalísticos. En 1995, estudou na Universidade Harvard e ó seu regreso produciu a serie documental "Chronicles of Change". Os seus programas transmitíronse a través das canles SABC, CNN World Report, PBS e outras canles de Europa. En 1997 foi elixida Presidenta da Conferencia Nieman da África Austral.

Traballou como cineasta independente e vive co seu esposo inglés e tres fillos en Somerset West. En Inglaterra produciu, entre outros, programas documentais, programas especiais en televisión e tamén ofreceu unha serie de programas para o KykNet Art Festival.

Escritora[editar | editar a fonte]

En 2002, escribiu unha colección de contos,[1] Reisgenoot, na que o tema do compañeiro de viaxe adopta diversas formas.[2] Os compañeiros de viaxe son parellas, nenos, traballadores e, sobre todo, o "eu",[3] mentres se mergulla en cuestións como a violencia, o crime, a vulnerabilidade das mulleres e a eliminación emocional das persoas. Kinders grootmaak is nie pap en melk nie é o punto culminante e amosa a historia dun traballador negro. Gañou o Premio Eugène Marais por Reisgenoot en 2003.

En 2007, publicou a novela en lingua inglesa Blind faith, onde confronta o pasado de apartheid do país e as cicatrices que deixou cun complot político que afonda na busca emocional da verdade e a comprensión.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ano Publicación
2002 Reisgenoot
2007 Blind Faith

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coetser, Johan “Beeld” 24 de xuño de 2002
  2. Visagie, Andries “Rapport” 21 de xullo de 2002
  3. Vollgraaff, Rika “Beeld” 18 de novembro de 2002

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kannemeyer, J.C. “Die Afrikaanse literatuur 1652-2004” Human & Rousseau Kaapstad en Pretoria Eerste uitgawe 2005
  • Van Coller, H.P. (red.) “Perspektief en Profiel Deel 3” Van Schaik-Uitgewers Pretoria Eerste uitgawe 2006