Saltar ao contido

Castro Barbudo, Ponte Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Barbudo»)
Castro Barbudo
Castro Barbudo
ConcelloPonte Caldelas[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°21′36″N 8°29′21″O / 42.36005833, -8.48909722
Poboación89 hab. (2022)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Castro Barbudo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 89 habitantes (40 homes e 49 mulleres)., distribuídos nunha única entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes.

A festa parroquial celébrase o 15 de agosto, día da Nosa Señora do Castro.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Calvario de Barbudo.

Destaca o Calvario de tres cruceiros feito polo mestre canteiro Manuel González Perdiz en 1883, un dos Calvarios galegos máis representativos xunto cos de Bueu e Beade. Atópase no adro da igrexa parroquial, xunto ao camposanto disposto arredor do templo. Está composto por unha plataforma baixa cercada por unha reixa de ferro. Nela, ademais dos cruceiros, hai unha mesa de pedra, similar á dos altares das igrexas, para a realización de ofrendas.

Os tres cruceiros teñen basamenta, columna, capitel e crucifixo, sendo o central o maior, dedicado á representación da crucifixión de Cristo. As basamentas son de traza complexa, de perfiles sinuosos e con molduracións. Os fustes das columnas teñen diversas formas: os laterais son cilíndricos, algo máis anchos na base, mentres que o central é tripartito cadrado e moldurado no terzo inferior, octogonal no medio, e circular na parte superior. Os capiteis dos laterais son dunha rara mestura de tendencias, destacando as grilandas suspendidas entre as volutas. O do centro é composto, co rostro dun anxo en medio do entaboamento curvo.

Na parte dianteira do cruceiro central aparece Cristo morto acompañado dun anxo que recolle o sangue nun cáliz. Na parte traseira está a Nosa Señora con coroa real sostendo o Neno no colo cun rosario na outra man. Na parte dianteira da columna está San Xosé de ancián, con barba longa, vestido con túnica e manto, co Neno no colo (que mostra a Bola coa cruz), e cun lirio na outra man. Na parte traseira da columna está San Xoán Bautista cun año nos brazos, e aguantando a bandeira triunfal. Na basamenta aparecen as inscricións:

SE HIZO SIENDO ABAD DON MANUEL MARTINEZ.
ADMINISTRADOR JOSE M. GARRIDO.
EL MAESTRO MANUEL GONZALEZ.
AÑO DE 1883

O cruceiro da esquerda representa a crucifixión de Dimas, cos brazos atados ao traveseiro da cruz e un pé atado e outro cravado. Na parte superior dous anxos intentan erguelo colléndoo das extremidades. Na basamenta aparece a inscrición:

DIMAS EL BUEN LADRON.

O cruceiro da dereita representa a crucifixión de Xiestas, atado de pés e mans aos paus da cruz. Ao pé da mesma hai un animal con aspecto feroz, entre dragón e serpe con ás, que intenta enrrollarse nas pernas do ladrón, aludindo ao Demo. Na basamenta aparece unha inscrición co nome de Giestas:

GIESTAS EL MAL LADRON.

As imaxes do calvario reproducen o estilo de Manuel González, último dos canteiros herdeiros da tradición do barroco popular galego. Os rostros son moi desenvolvidos, pero con rotunda frontalidade, sen apenas expresión, cunha gran sobriedade e hieratismo inspiradores do sentimento relixioso.

Tamén destaca o peto de ánimas situado no cruzamento principal das estradas PO-0201 e PO-0208. Desde este cruzamento, en dirección a Calvos (Fornelos de Montes), chégase ao encoro de Eiras, do río Oitavén.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Castro Barbudo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Castro Barbudo no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

Barbudo

Parroquias de Ponte Caldelas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]