Saltar ao contido

Barcelona Sporting Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barcelona de Guayaquil
NomeBarcelona Sporting Club
Alcume(s)Los Toreros, Los Canarios, Ídolo del Astillero
Fundación1 de maio de 1925
EstadioMonumental Isidro Romero
Guayaquil, Ecuador
Inauguración29 de maio de 1988
Capacidade90 283
PropietarioBarcelona Sporting Club
Presidente Antonio Novoa
AdestradorGuillermo Almada Alves[1]
LigaSerie A de Ecuador
2011
VestimentaMarathon Sports
PatrocinadorPilsener
Na rede
http://www.barcelonasc.com.ec/
Facebook: BarcelonaScweb Twitter: BarcelonaSCweb Instagram: barcelonasc Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Barcelona Sporting Club é unha entidade polideportiva ecuatoriana da cidade de Guayaquil, fundada o 1 de maio de 1925, máis coñecida pola sección de fútbol, a máis laureada do país con 14 títulos da Liga ecuatoriana. Nos anos 1990 e 1998 disputou a final da Copa Libertadores, caendo en ámbalas dúas, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama.

Outras seccións do club adícanse ó baloncesto (1 título nacional), béisbol (14 títulos nacionais), voleibol, birlos (1 título nacional), water polo, natación, fútbol sala, boxeo, tenis e remo.

O club mantén unha forte rivalidade co outro gran club da cidade, o Club Sport Emelec, co cal disputa cada ano o Clásico do Estaleiro, un dos derbis mais tradicionais do país. Segundo varias enquisas, o Barcelona SC é o club que ten un maior número de seguidores en Ecuador, por diante doutros equipos como o propio CS Emelec, o LDU Quito, o CD El Nacional ou o Deportivo Quito.

O equipo de fútbol disputa os seus encontros como local no Estadio Monumental Isidro Romero Carbo, chamado dende 2008 Estadio Banco Pichincha por razóns de patrocinio. Trátase do estadio mais grande do país e un dos mais grandes de Suramérica, cunha capacidade superior a 90 000 persoas, pero que por regulamento da FIFA está limitado a 60 000. O estadio, inaugurado o 29 de maio de 1988, é propiedade do propio Barcelona Sporting Club.

No momento da creación do club, este foi bautizado co nome Barcelona como recoñecemento ó apoio recibido en Guayaquil pola comunidade española de Cataluña, terra onde naceron varios dos socios fundadores do equipo. Concretamente o fundador do club, Eutimio Pérez Arumí, era nativo de Vilassar de Mar.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Continental

[editar | editar a fonte]
  • Serie A de Ecuador (14) = 1960, 1963, 1966, 1970, 1971, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1995, 1997, 2012
    • Subcampionatos (11) = 1957, 1962, 1968, 1982, 1986, 1990, 1992, 1993, 2002, 2003, Apertura 2005
  • Campionato de Guayaquil (5) = 1955, 1961, 1963, 1965, 1967
    • Subcampionatos (7) = 1953, 1954, 1956, 1957, 1962, 1964, 1966

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Estadio Monumental Isidro Romero Carbo.

Os seguintes xogadores compoñían o equipo na tempada 2012:[2]

Posto País Xogador
1 POR Máximo Banguera
2 DEF Pavel Caicedo
3 DEF Ivan Hurtado Capitán
4 MED Aldo Duscher
5 DEF José Luis Perlaza
6 DEF Pablo Saucedo
7 DIA Armando Wila
8 MED Pedro Larrea
9 DIA Ivan Borghello
10 MED Damián Díaz
11 DEF Giovanny Nazareno
12 POR Rorys Aragón
14 DIA Carlos García
Posto País Xogador
15 MED Daniel Mina
16 MED Luis Caicedo
17 DIA Pablo Palacios
18 MED Matías Oyola
19 DIA Vinicio Angulo
20 DEF Miguel Ibarra
21 MED Hólger Matamoros
25 POR Carlos Morán
27 MED Mike Rodríguez
50 MED Brayan de la Torre
51 MED Dennys Quiñónez
53 DEF Christian Cruz
54 MED Roosvelt Oyola

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]