Barlen Vyapoory
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (79/80 anos) Maurícia (ilha), Mauricio (pt) |
Presidente de Mauricio | |
23 de marzo de 2018 – 26 de novembro de 2019 ← Ameenah Gurib-Fakim | |
Vice President of Mauritius (en) | |
29 de marzo de 2016 – 26 de novembro de 2019 ← Monique Ohsan Bellepeau (en) – Eddy Boissezon (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Movimento Socialista Militante (pt) |
Paramasivum Pillay Vyapoory, máis coñecido como Barlen Vyapoory e nado en 1945, é un político mauriciano, que exerceu como presidente da República de xeito interino dende o 23 de marzo de 2018 logo da renuncia de Ameenah Gurib-Fakim ata a súa propia renuncia o 26 de novembro de 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou agricultura na Universidade de Mauricio e foi profesor no Instituto de Educación de Mauricio (1976-1995). Militante do Movemento Socialista Militante, presentouse ás eleccións xerais de 1995, asesorou ao ministerio de educación de 2002 a 2005 e foi alto comisionado do seu país en Suráfrica entre setembro de 2015 e marzo de 2016. O 29 de marzo de 2016 asumiu o posto de vicepresidente de Mauricio.
En marzo de 2018, o diario L'Express publicou documentos bancarios amosando que a presidenta Ameenah Gurib-Fakim utilizara con fins persoais un cartón de crédito remitido por Planet Earth Institute, unha ONG presidida polo multimillonario angolano Álvaro Sobrinho, procesado en Portugal e Suíza por malversación de fondos. O 9 de marzo, o primeiro ministro Jugnauth anunciou á prensa que a presidenta renunciaría ao cargo tras das celebracións do 50 aniversario da independencia o 12 de marzo e antes do inicio de sesións parlamentarias a finais de mes [1]. Non obstante, o 14 de marzo, Ameenah Gurib-Fakim anunciou que ía permanecer no seu posto. Interrogado pola prensa local por un suposto escándalo financeiro, a presidenta de Mauricio rexeitou completamente as acusacións determinada a defenderse nos tribunais [2] . Finalmente, Gurib-Fakim renunciou o 17 de marzo con efecto a partir do 23 de marzo e Vyapoory, na súa calidade de vicepresidente, asumiu a xefatura de Estado [3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maurice: la présidente va démissionner, Le Figaro, 9 de marzo de 2018.
- ↑ "Maurice : la présidente Ameenah Gurib-Fakim refuse de démissionner", La Tribune Afrique, 14 de marzo de 2018.
- ↑ "Maurice : impliquée dans un scandale financier, la présidente démissionne". France24.