Barrabás (filme de 1961)
Aparencia
Barrabás | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Richard Fleischer |
Produtor | Dino De Laurentiis |
Guión | Nigel Balchin Diego Fabbri Christopher Fry |
Baseado en | Barabbas de Pär Lagerkvist |
Intérpretes | Anthony Quinn Arthur Kennedy Jack Palance Silvana Mangano Harry Andrews Ernest Borgnine |
Música | Mario Nascimbene |
Fotografía | Aldo Tonti |
Montaxe | Alberto Gallitti Raymond Poulton |
Estudio | Dino de Laurentiis Cinematografica |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 23 de decembro de 1961 |
Duración | 137 minutos |
Orixe | Italia |
Xénero | Épico, relixioso |
Recadación | $2 900 000 (USA / Canadá)[1] |
Na rede | |
Barrabás (en inglés: Barabbas) é un filme italiano de 1961 dirixido por Richard Fleischer. Está protagonizado por Anthony Quinn como Barrabás, xunto con Silvana Mangano, Katy Jurado, Arthur Kennedy, Harry Andrews, Ernest Borgnine, Vittorio Gassman e Jack Palance, e foi distribuído por Columbia Pictures. Foi concibido como un gran filme épico romano e baséase na novela Barabbas, obra do Premio Nobel de Literatura Pär Lagerkvist.
Foi rodado en Verona e Roma baixo a supervisión do produtor Dino De Laurentiis. Inclúe moitas escenas salientables, como unha batalla de gladiadores en Cinecittà ou unha crucifixión durante un eclipse solar real.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Anthony Quinn como Barrabás
- Arthur Kennedy como Poncio Pilato
- Jack Palance como Torvald
- Silvana Mangano como Raquel
- Harry Andrews como Pedro
- Ernest Borgnine como Lucio
- Katy Jurado como Sara
- Vittorio Gassman como Sahak
- Norman Wooland como Rufio
- Valentina Cortese como Julia
- Arnoldo Foa' como Joseph of Arimathea
- Michael Gwynn como Lázaro
- Laurence Payne como discípulo
- Douglas Fowley como Vasasio
- Guido Celano como Scorpio
- Enrico Glori
- Carlo Giustini como oficial
- Gianni di Benedetto como oficial
- Robert Hall como comandante dos gladiadores
- Rina Braido como taberneira
- Nando Angelini
- Tullio Tomadoni como cego
- Joe Robinson como Gladiador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Variety, ed. (8 de xaneiro de 1964). "Big Rental Pictures of 1963". Penske Business Media. p. 71. Consultado o 18 de xullo de 2018.