Barrio musulmán de Xerusalén
Aparencia
O Barrio musulmán de Xerusalén (árabe: حَـارَة الـمُـسْـلِـمِـيْـن Ḥāraṫ al-Muslimīn; hebreo: הרובע המוסלמי Ha-Rovah ha-Muslemi) é un dos catro barrios situados na cidade vella de Xerusalén. Ocupa 31 hectáreas ao nordeste do recinto amurallado.[1] O barrio é o máis grande e máis poboado da cidade vella e esténdese desde a Porta dos Leóns ao leste, pasando polo muro norte do Monte do Templo no sur, e desde a Porta de Damasco ata o Muro das Lamentacións polo oeste. A Vía Dolorosa comeza neste barrio.[2]
A poboación deste barrio é de 22.000 persoas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Holy Land, pg. 29.(Este área non inclúe o Monte do Templo que mide 14 hectáreas)
- ↑ 2,0 2,1 "Muslim Quarter of the "Old City" section of Jerusalem". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 23 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barrio musulmán de Xerusalén |