Barry Lyndon
Barry Lyndon | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | Stanley Kubrick Jan Harlan Bernard Williams |
Guión | Stanley Kubrick |
Baseado en | A sorte de Barry Lyndon de William Makepeace Thackeray |
Música | Leonard Rosenman Georg Friedrich Händel Frederico II o Grande The Chieftains Franz Schubert |
Fotografía | John Alcott |
Montaxe | Tony Lawson |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 1975 |
Duración | 187 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Drama e histórico |
Orzamento | 11 millóns de USD (aproximado) |
Recadación | 20'2 millóns de USD (Estados Unidos) |
Na rede | |
Barry Lyndon é un filme anglo-estadounidense dramático e histórico de 1975, escrito e dirixido por Stanley Kubrick; protagonizado por Ryan O'Neal, Marisa Berenson, Patrick Magee e Hardy Krüger. Baséase na novela homónima de William Makepeace Thackeray, publicada en 1844. O filme describe as aventuras ficticias dun personaxe irlandés durante o século XVIII, e está ambientado en parte durante a Guerra dos Sete Anos. Os exteriores foron rodados en diversas localizacións de Irlanda, Inglaterra e Alemaña.
O recoñecido director de cine Martin Scorsese afirmou que Barry Lyndon era o seu filme favorito de Stanley Kubrick. Algunhas citas do guión apareceron noutros filmes coma Os duelistas de Ridley Scott, A idade da inocencia do propio Scorsese, Rushmore de Wes Anderson e Dogville de Lars von Trier.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A obra conta as peripecias do aventureiro irlandés Barry Lyndon (Ryan O'Neal) e a súa ascensión e caída na sociedade inglesa. A historia comeza en Irlanda no século XVIII. O mozo Redmond Barry namórase da súa prima Nora Brady e bátese en duelo polo seu amor aparentemente matando o seu prometido, o rico capitán inglés Quin. Barry foxe e enrólase no exército inglés. Pasado un tempo descobre que o duelo foi amañado pola propia familia e que o capitán inglés está vivo e casou con Nora. Barry viaxa por Europa como soldado, axente secreto ao servizo de Prusia e finalmente coma xogador profesional, buscando fortuna.
Seduce e casa cunha rica viúva, Lady Lyndon (Marisa Berenson), a que non quere. Barry é indiferente a ela e ao seu fillo, Lord Bullingdon, quen sabe que Barry é simplemente un oportunista. Barry convértese nun home cínico e un marido egoísta. A parella ten un fillo, Brian, que crece gozando do gran cariño do seu pai pero que morre tras sufrir unha caída de cabalo. Nun duelo con Lord Bullingdon, Barry perde unha perna e baixo ameaza de encarceramento por débedas non pagadas, acepta abandonar Inglaterra. Despois de pasar algúns anos coa súa nai en Irlanda, Barry pasa o resto da súa vida xogando en Europa.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Hordern (narrador)
- Ryan O'Neal - Redmond Barry (despois Redmond Barry Lyndon)
- Marisa Berenson - Lady Lyndon
- Patrick Magee - Chevalier du Balibari
- Hardy Krüger - Capitán Potzdorf
- Gay Hamilton - Nora Brady
- Godfrey Quigley - Capitán Grogan
- Steven Berkoff - Lord Ludd
- Wolf Kahler - Prince of Tübingen
- Marie Kean - Belle, nai de Barry
- Murray Melvin - Reverend Samuel Runt
- Frank Middlemass - Sir Charles Reginald Lyndon
- Leon Vitali - Lord Bullingdon
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Barry Lyndon na IMDb (en inglés).
- Barry Lyndon en Rotten Tomatoes (en inglés)