Barthélémy Dumortier
Nome orixinal | Barthélemy Charles Joseph Dumortier | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 3 de abril de 1797 Tournai, Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de xullo de 1878 (81 anos) Tournai, Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||
Cargos Deputado da Cámara de Representantes de Bélxica (1831-1878) Ministro de Estado de Bélxica (desde o 7 de xullo de 1872) | |||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||
Educación | Collège Stanislas, Universidade de Francia, París | ||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||
Campo de traballo | Botánica | ||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | político, botánico | ||||||||||||||||||||||||||
Partido político | Partido Católico (Bélgica) (pt) | ||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||
Obra | |||||||||||||||||||||||||||
Abreviación dun autor en botánica | Dumort. | ||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||
Título | Conde | ||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Philippine Rutteau | ||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Barthélemy-Noël Dumortier | ||||||||||||||||||||||||||
Pais | Barthélemy-François Dumortier e Marie-Jeanne Willaumez | ||||||||||||||||||||||||||
Parentes | Maurice Houtart, bisneto | ||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||
Membro da Academia Real das Ciencias, as Letras e as Belas Artes de Bélxica, e da Leopoldina | |||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron | ||||||||||||||||||||||||||
Lista
|
O conde Barthélemy Charles Joseph Dumortier (ás veces escrito Du Mortier),[1] nado o 3 de abril de 1797 en Tournai, e finado o 9 de xullo de 1878 na mesma cidade, foi un político e botánico belga. Membro da Cámara de Representantes desde a creación de Bélxica, foi tamén Ministro de Estado. En 1885 o rei Leopoldo II outorgoulle o título de conde.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dumortier era fillo do negociante e conselliro comunal de Tournai Barthélemy-François Dumortier e da súa esposa Marie-Jeanne Willaumez. Casou con Philippine Rutteau e desta unión naceu un fillo, Barthélemy-Noël Dumortier.
En 1824 fundou Le Courrier de l'Escaut, un xornal crítico do goberno. Estivo involucrado na revolución belga de 1830 e foi elixido membro do novo Parlamento fundado en 1831. Representou ao distrito de Tournai até 1847, e despois foi elixido para o distrito de Roeselare, posto que ocupou até a súa morte.
O botánico
[editar | editar a fonte]A principios da década de 1820 Dumortier publicou a súa primeira achega á botánica, en latín. O seu obxectivo principal era identificar a flora nacional. En 1827 publicou Flora Belgica, obra na que utilizou unha clasificación natural. A súa atención dirixiuse decontado aos aspectos sistemáticos, e incluso creou o seu propio sistema de clasificación. Tense dito que durante esta década foi o primeiro en observar a división celular.[Cómpre referencia]
En 1829 converteuse en membro da prestixiosa Academia de Bruxelas, unha distinción moi solicitada, e foi recoñecido como un dos mellores naturalistas dos Países Baixos, xa que estudou non só botánica, senón tamén zooloxía, porque o seu interese polos invertebrados era grande.
En 1862, cando se creou a Société Royale de Botanique de Belgique, Dumortier foi requirido de inmediato como primeiro presidente. Foi tanto un mentor como un protector para os xoves botánicos que se uniron a este novo grupo. François Crépin dedicáralle a súa obra mestra La Flore de Belgique (1860) dous anos antes. Estes dous feitos ilustran a influencia e a aura do vello botánico de Tournai.
Dumortier propuxo á sociedade que administraba o xardín botánico de Bruxelas crear un xardín botánico do Estado na capital capital. Instou ao parlamento que comprara o impresionante herbario e a colección de Carl Friedrich Philipp von Martius, o que se fixo en 1869, uns meses antes de que o Estado belga comprara o xardín botánico de Bruxelas. Dumortier quería crear un xardín botánico seguindo o modelo do Real Xardín Botánico de Kew.
Nesta nova institución, Dumortier dominou sen ningunha consideración outras opinións máis que as propias, como un mestre perfecto. Isto causou gran tensión e incluso puxo en perigo a institución, pero contou cun forte apoio político. Non foi derrotado até que a autoridade decidiu unir o Museo de Historia Natural co Xardín Botánico, en 1875. O director das dúas institucións foi Édouard Dupont, inimigo xurado de Dumortier, que porén permaneceu como director científico do Xardín Botánico.
Dupont, que non estaba de acordo, dimitiu en 1876, e François Crépin, amigo de Dumortier, foi o novo director.
O revolucionario
[editar | editar a fonte]Baixo o seudónimo de Belgicus, publicó cartas en Tournai en xaneiro de 1830 denunciando a actitude do goberno do Reino dos belgas, e estigmatizou aos seus compatriotas do norte alcumándoos como "holandeses", que provocou claramente un desexo de secesión das provincias do sur. Foi condecorado coa Cruz de Ferro de Bélxica.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Commentationes botanicae. Observations botaniques (imprimerie de C. Casterman-Dieu, Tournay, 1823).
- Observations sur les graminées de la flore de Belgique (J. Casterman aîné, Tournay, 1823).
- Analyse des familles des plantes, avec l'indication des principaux genres qui s'y rattachent (J. Casterman aîné, Tournay, 1829).
- Lettres sur le manifeste du Roi et les griefs de la nation, par Belgicus (J. Casterman aîné, Tournay, 1830).
- Sylloge Jungermannidearum Europae indigenarum, earum genera et species systematice complectens (J. Casterman aîné, Tournay, 1830).
- Recherches sur la structure comparée et le développement des animaux et des végétaux (M. Hayez, Bruxelles, 1832).
- Essai carpographique présentant une nouvelle classification des fruits (M. Hayez, Bruxelles, 1835).
- La Belgique et les vingt-quatre articles (Société nationale, Bruxelles, 1838).
- Observations complémentaires sur le partage des dettes des Pays-Bas (Société nationale, Bruxelles, 1838).
- Pomone tournaisienne, gravures de M. W. Brown (Veuve H. Casterman, Tournay, 1869)
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]- Xénero vexetal
- (Marchantiaceae) Dumortiera Nees.
- Xénero animal
- (Ammonoidea) Dumortieria Westend.
- Dumortieropsis Horik.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]As abreviaturas Dum., Dumort. ou Dumortierse empréganse para recoñecer a Barthélemy Dumortier como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barthélemy Dumortier asinaba ás veces como B. C. Du Mortier.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barthélémy Dumortier |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Barthélémy Dumortier |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paul André Roger (2018): Biographie générale des Belges morts ou vivants. Bruxelas: Forgotten Books. ISBN 978-0-3650-0013-6. (1ª ed.: G. Deroovers, libraire et relieur, Bruxelles, 1850, p. 77).
- Eugène De Seyn (2921): Dictionnaire des écrivains belges. Bruges: Ed. Excelsior, Bruges. (p. 757).
- Nicolas de Streel, Baudouin de Theux, Bertand Maus de Rolley et Luc Vandamme (2014): Portraits en médailles de nobles belges de 1830 à nos jours. Bruxelles: Association de la noblesse du royaume de Belgique.