Barthold Georg Niebuhr
(1828) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1776 ![]() Copenhague, Dinamarca ![]() |
Morte | 2 de xaneiro de 1831 ![]() Bonn, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Alter Friedhof Bonn (pt) ![]() ![]() |
Historiographer of the Prussian state (en) ![]() | |
1810 – ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Christian-Albrechts-Universität zu Kiel ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bonn ![]() |
Ocupación | historiador, economista, erudito clásico, profesor universitario, político, diplomático, escritor ![]() |
Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade Humboldt de Berlín ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Mikhail Kutorga (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Carsten Niebuhr ![]() |
Irmáns | Christiane Niebuhr ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Нибур Бартольд Георг) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Barthold Georg Niebuhr, nado o 27 de agosto de 1776 en Copenhague e finado o 2 de xaneiro de 1831 en Bonn, foi un historiador e político alemán de orixe danesa, fillo do explorador e cartógrafo Carsten Niebuhr.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor da Universidade de Berlín desde 1810, foi pioneiro no uso do novo «método histórico crítico» nos seus traballos. A súa obra máis importante é a clásica Historia de Roma (Römische Geschichte).
Tamén concibiu un proxecto no que pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes do Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.[1][2] A serie, de 50 volumes de autores bizantinos denominouse Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae e tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, trala morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bunsen, Brandis & Lorbell (1854) p. 483 [e tamén na carta 364 (pp. 501-502), dirixida a Savigny, con data do 29 de abril de 1827: "Xa escoitou falar da edición dos historiadores bizantinos, que estou supervisando. É un gran pracer poder inculcar deste xeito un pouco de vida á nosa obra literaria; empregar a novos filólogos; dar extensión, actividade e perfección á tipografía; contribuír co meu gran de area [sic] ao aumento da prosperidade xeral ... " ]
- ↑ Omont (1904), p. 18
- ↑ Reinsch (2010), p. 441
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Barthold Georg Niebuhr |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bunsen, K.J.; Brandis, J.; Lorbell, J.W. (1854). The Life and Letters of Barthold George Niebuhr (en inglés). Nova York: Harper & Brothers. OCLC 187466277.
- Omont, H. (1904). "La collection byzantine de Labbe et le projet de J. M. Suarès". Revue des études grecques (en francés) (París) 17 (73-74): 18–32. ISSN 2260-8079.
- Reinsch, Diether Roderich (2010). "The History of Editing Byzantine Historiographical Texts". En Stephenson, Paul. The Byzantine World (en inglés). Nova York: Routledge. pp. 435–444. ISBN 978-0-415-44010-3.