Licenciado Molina
Aparencia
(Redirección desde «Bartolomé Sagrario de Molina»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Málaga, España |
Outros nomes | Licenciado Molina |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo |
Juan de Molina, Francisco de Molina, Luis de Molina, Bartolomé Francisco de Molina ou Bartolomé Sagrario de Molina[1], máis coñecido como Licenciado Molina, nado en Málaga, foi un escritor español do século XVI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese que estudou dereito e de aí o título de licenciado, e crese que estudou na Universidade de Santiago de Compostela, creada pouco tempo atrás, ou que cando menos, que despois estivera practicando a avogacía en Santiago de Compostela. En 1549 redactou a súa obra máis coñecida, a Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, que publicou ao ano seguinte, 1550, en Mondoñedo[2]. Consta tamén que foi nomeado cóengo polo bispo de Mondoñedo, Diego de Soto[3].
Obra conservada
[editar | editar a fonte]- Cancionero, Salamanca, 1527. Consérvase unha copia na Biblioteca Ambrosiana de Milán.
- Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del, Mondoñedo, 1550. Consérvase un exemplar na Biblioteca da Real Academia Galega, A Coruña.
- Argumento de vida. 1550.
- Tractatus differentiarum interius commune et regium tam in ultimis voluntatibus quam in contractibus et delictis, 1551.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CUEVAS, CRISTÓBAL (dir.), Diccionario de escritores de Málaga y su provincia, Madrid:Castalia, 2002
- ↑ FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764.
- ↑ FLOREZ, HENRIQUE, España sagrada: Theatro geographico-historico de la iglesia de España, vol. XVIII, Madrid:Antonio Marín, 1764
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Molina, Bartolomé Sagrario de". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 428.