Barton (cráter)
Aparencia
Barton | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Venus |
Epónimo | Clara Barton |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 27°24′N 337°30′L / 27.4, 337.5 |
Diámetro | 52,2 km |
Cuadrángulo | Sedna Planitia quadrangle (en) |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 623 |
O cráter Barton é un cráter de impacto que está situado na superficie de Venus e que ten uns 52 km de diámetro. Cando os cráteres de Venus comezan a acadar este tamaño, comezan a aparecer con cumios centrais en forma de anel no canto das típicas montañas (únicas) centrais. O chan do cráter e plano e escuro visto a ollos do radar, o cal indica que se puido infiltrar lava no seu interior nalgún momento posterior ó impacto. O cumio en anel do cráter Barton é descontinuo e semella ter sido quebrado ou alterado durante ou pouco despois de proceso de craterización.[1] O cráter recibiu o nome de Clara Barton, fundadora da Cruz Vermella Americana.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Peak-Ring Crater". JPL. Consultado o 20-11-2011.
- ↑ "Planetary Names: Crater, craters: Barton on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. Consultado o 20-11-2011.