Saltar ao contido

Barxacova, As Pías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBarxacova, As Pías
Imaxe

Localización
Mapa
 42°07′01″N 6°57′28″O / 42.1169, -6.9577
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora
ConcelloPías Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49582 Editar o valor en Wikidata

Barxacova (Barjacoba en castelán e oficialmente) é unha aldea pertencente ao concello zamorano de Pías, na bisbarra de Seabra. Situado a uns 1330 metros sobre o nivel do mar, é unha das aldeas máis altas da provincia.

Como no resto do concello a lingua tradicional da localidade é o galego, polo que forma parte da Galicia estremeira. A orografía oriéntaa máis cara a Galicia ca ao resto da bisbarra de Seabra; de feito para ir a calquera outro concello da provincia de Zamora é preciso cruzar territorio ourensán.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome da localidade é un orónimo. Deriva de "*bárge(n)a cova"; e é polo tanto perfectamente descritivo da paisaxe, xa que a aldea está construída nunha varxa encaixada dentro dunha garganta sen saída río arriba. O adxectivo "cova" nestes compostos ten valor cualificativo: profundo, cóncavo[1].

Consérvase un testemuño antigo aínda non sometido á desaparición galega da nasal intervocálica: "Uargena Coua" (1154). "Varxa" e "varcia" son formas galegas co significado de "veiga, campo cultivado xunto a un río". No portugués rexístranse as variantes varge, várgea, várzea e varja (antigos várcena e varza), equivalentes á bárcena do castelán e o leonés. O topónimo repítese na parroquia de San Lourenzo de Barxacova, en Parada de Sil. No Bierzo occidental está o concello de Barxas, e na área de Braganza existe unha aldea chamada Varge, ambas coa mesma mesma orixe. Existen outros lugares tamén chamados a partir de derivados, como Barxela ou Barxamaior. Parece, logo, que as formas etimolóxicas varxa e varcia trocaron o uve polo be na toponimia. Barxa, tivo especial vixencia na franxa oriental do galego, mentres que barcia prevalece no centro e oeste. Trátase dunha base prerromana "*vargĩna". Os cartularios recollen variantes uarçina, uarcena, uarzena, varzena.

Ten un clima moi frío, con temperaturas en inverno de ata -20 °C e nevaradas moi abundantes. Os veráns son moi curtos, xa que aínda en xullo se poden rexistrar xeadas de pouca intensidade e temperaturas diúrnas que non adoitan superar os 27 °C.

Demografía

[editar | editar a fonte]

En 2020 a súa poboación era de 56 habitantes.[2]

  1. RIESCO CHUECA, Pascual (2010), "Novas conxecturas de toponimia zamorana" Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Anuario 2008, Instituto de Estudos Zamoranos Florián de Ocampo, Deputación de Zamora, pp. 359-436.
  2. Barjacoba