Saltar ao contido

Basiluzzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBasiluzzo
Vista aérea
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Eolias Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLípara, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°39′50″N 15°06′48″L / 38.6638, 15.1134
Bañado porMar Tirreno Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude165 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,511 (ancho) × 0,856 (lonxitude) km
Superficie0,29 km² Editar o valor en Wikidata

Basiluzzo é unha illa de Italia que pertence ao arquipélago das Illas Eolias, en Sicilia.

Situada aproximadamente a 3´5 km ao nordés de Panarea, ten unha superficie de 0,29 km², trátase, polo tanto, da maior das illas e arrecifes das illas deshabitadas. A costa da illa caracterízase por cantís sobre o mar, mentres que no centro hai unha gran meseta que ao longo dos séculos se utilizou como un lugar de cultivo, pastos e vivendas de tempada. A unhas poucas decenas de metros da illa atópase a gran rocha Spinazzola, de 5,5 metros cadrados (0,0055 quilómetros cadrados) e 79 metros de alto.[1][2]

Características xeolóxicas

[editar | editar a fonte]

Basiluzzo é unha illa de orixe volcánica (como de feito todas as illas Eolias), que, xunto coas illas próximas, é o que queda dos antigos episodios eruptivos agora erosionada polos axentes e os fenómenos atmosféricos. Basiluzzo foi o máis novo destes volcáns, formado fai só 50.000 anos, comparado cos 150.000 a 130.000 de Panarea e as outras illas.[3][4]

A illa componse de capas sucesivas de fluxos de lava, visibles en diversas zonas da illa, onde ás veces se alternan capas negras de obsidiana con capas lixeiras de pedra pómez. A illa componse sobre todo de riolita.[5] Tamén vense notables columnas de basalto verticais observables ao longo dos cantís.[6]

Os achados de fragmentos de cerámica e ferramentas de obsidiana suxiren que Basiluzzo foi visitada desde o neo-neolítico e talvez permanentemente habitada na Idade de Bronce.[7] Tamén son moi evidentes na illa os restos dunha vila romana que data das últimas décadas do século primeiro antes de Cristo e a primeira metade do primeiro século d.C., probablemente utilizado como residencia de tempada e un estanque de peixes que data da mesma época, situado nas proximidades do único porto da illa e mergullado por mor de movementos sísmicos.[2][8] Ata principios do século XX Basiluzzo utilizouse como terra de pastoreo e cultivo, en particular, das alcaparras (Capparis spinosa), de modo que en 1784 deu lugar a unha disputa entre o bispo de Lipari, que administraba a illa, e algúns campesiños ocupantes.[9] Finalmente, en 1991 Basiluzzo, xunto coas outras illas máis pequenas de Panarea, foi declarado reserva natural integral, coa prohibición de desembarque, agás para fins científicos.[10]

Basiluzzo, a rocha Spinazzola á esquerda. No fondo, Stromboli.
  1. Lo Cascio, p. 15.
  2. 2,0 2,1 Medaglia, introduzione.
  3. Conseguenza di ciò, è che Basiluzzo con ogni probabilità non è mai stato collegato a Panarea tramite terre emerse, come invece è probabilmente avvenuto in tempi antichi per gli altri isolotti.
  4. Lo Cascio, p. 23.
  5. Racheli, ediz. 1986, p. 134.
  6. Racheli, ediz. 1986, p. 94.
  7. Medaglia, p. 172-173.
  8. Racheli, ediz. 1986, p. 55.
  9. Lo Cascio, p. 27.
  10. Lo Cascio, p. 208.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pietro Lo Cascio ed Enrico Navarra, Guida naturalistica alle Isole Eolie, L’Epos, 2003. ISBN 978-88-8302-213-5
  • Gin Racheli, Eolie di vento e di fuoco. Natura, storia, arte, turismo, Mursia, 1999. ISBN 978-88-4252-328-4
  • Salvatore Medaglia, Carta archeologica dell'isola di Basiluzzo (arcipelago delle Eolie), in «Sicilia Antiqua» V, 2008, pp. 167–196.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]