Batallón Azov
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Batallón Azov | |
---|---|
Rexemento de Operacións especiais da Garda Nacional de Ucraína "Azov" | |
País | Ucraína |
Fidelidade | Ministerio de Asuntos Internos de Ucraína |
Rama | garda nacional |
Tipo | infantaría |
Papel | batallón de propósito especial |
Tamaño | 1000 aproximadamente |
Enfrontamentos | Guerra civil no leste de Ucraína |
Comandantes | |
Comandante actual | Denys Prokopenko |
Xefe cerimonias | Ihor Klymenko |
Posición | Neonazismo Ultranacionalismo ucraíno Supremacismo branco Rusofobia Anticomunismo Islamofobia Antisemitismo |
Subcomandante | Extrema dereita |
O Batallón Azov (en ucraíno, Батальйон «Азов») é unha unidade militar de extrema dereita[1] de voluntarios neonazis[2][3] de Ucraína. Conta tamén con membros doutros países, entre eles, Croacia.
Pertence á Garda Nacional de Ucraína, unha sección de reserva das Forzas Armadas de Ucraína que está baixo xurisdición do Ministerio do Interior do país.[4][5][6] Conta con importantes redes financeiras, como o oligarca ucraíno do sector eléctrico Íhor Kolomoiski.[7]
En 2018, o Congreso dos Estados Unidos aprobou un proxecto de lei que prohibía a axuda militar ao Azov, debido á súa ideoloxía da supremacía branca.[8]
O Batallón ten a sede na cidade de Mariupol, na costa do mar de Azov, onde en 2014 lograron deter o avance das milicias da República Popular de Donetsk en dúas ocasións. Pagáballes aos seus voluntarios 70 dólares mensuais en 2014.[9] Está composto na súa maioría por voluntarios de organizacións e partidos de extrema dereita, como Pravy Sector ("Sector Dereito") ou Svoboda ("Liberdade").
Símbolos
[editar | editar a fonte]O seu escudo conta cunha runa wolfsangel estilizada e o símbolo do sol negro sobre as cores da bandeira de Ucraína, amais do nome do batallón. As runas son usadas polo nazismo a nivel internacional, polo que acotío son asociadas a esta ideoloxía. A bandeira consta dun lenzo amarelo coa wolfsangel en cor negra e o sol negro en cor branca.[10]
O grupo negou en numerosas ocasións ser de ultradereita ou ter aspiracións de estabelecer unha futura «orde branca». Porén, un voceiro do Batallón Azov declarou en 2014 que entre o 10 e o 20% do rexemento eran neonazis.[11][12][13]
Actuacións
[editar | editar a fonte]Os membros do batallón participaron en combates contra as milicias da República Popular de Donetsk, por exemplo en Mariupol.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""The Iron March Forum and the Evolution of the "Skull Mask" Neo-Fascist Network"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2022.
- ↑ Carden, James (2016-01-14). "Congress Has Removed a Ban on Funding Neo-Nazis From Its Year-End Spending Bill" (en inglés). ISSN 0027-8378. Consultado o 2022-02-27.
- ↑ "The Rise of Far-Right Extremism in the United States" (en inglés). Consultado o 2022-02-27.
- ↑ "Así es el batallón Azov, el grupo paramilitar nazi integrado en el Ejército de Ucrania". 2022-03-14.
- ↑ "Voluntarios croatas y serbios trasladan su enemistad a la guerra de Ucrania". lavanguardia.com. 10 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
- ↑ "Ukraine conflict: 'White power' warrior from Sweden". BBC News (en inglés). 2014-07-16. Consultado o 2022-02-27.
- ↑ "Ukraine: Batallion Backed by Jewish Billionaire Sent to Fight Pro-Russian Militias" (en inglés).
- ↑ Kheel, Rebecca (2018-03-27). "Congress bans arms to Ukraine militia linked to neo-Nazis" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-09-30.
- ↑ "Leaders talk peace, some Ukrainians contemplate guerrilla war" (en inglés).
- ↑ "'Foreign Policy': Las milicias en Ucrania se enfrentan a neonazis afines al Gobierno".
- ↑ "Ukraine's National Militia: 'We're not neo-Nazis, we just want to make our country better'".
- ↑ "Azov, Donbás, Pravy Sektor: los símbolos de las SS renacen en Ucrania".
- ↑ Pugliese, David (2015-06-26). "Ukrainian unit accused of Neo-Nazi links wants Canada's help". Ottawa Citizen (en inglés). Consultado o 2017-12-20.
- ↑ "Más de 5.000 voluntarios para defender Mariupol".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batallón Azov |