Batallón Dimitrov
O Batallón Dimitrov ou batallón XVIII foi unha unidade militar das Brigadas Internacionais durante a Guerra Civil Española. O seu nome débese a Georgi Dimitrov, un gran defensor búlgaro da Fronte Popular na Segunda República Española.
Historial de operacións
[editar | editar a fonte]Formouse con exiliados dos Balcáns[1] en decembro de 1936. Ao inicio contaba con 800 voluntarios, entre eles preto de 160 gregos.[2] Formou parte da XV Brigada a partir do 31 de xaneiro de 1937. Nela atopábanse outras dúas unidades que se fixeron especialmente famosas: o Batallón Británico e o Batallón Abraham Lincoln. Loitaron primeiro na Batalla do Xarama en febreiro de 1937, en que sufriron un gran número de baixas.[1]
O 20 de setembro de 1937 o batallón trasladouse á 45ª División Internacional da Reserva, onde foi reconstituído. O 13 de febreiro de 1938 formou parte da 129ª Brigada Internacional acabada de crear con superviventes doutros batallóns integrados por centroeuropeos. Permaneceu nela até a súa desmobilización o 5 de outubro de 1938.
O seu último comandante, Josef Pavel, chegou a ser ministro no gabinete de Alexander Dubček durante a Primavera de Praga en 1968.[3]
Catro dos brigadistas iugoslavos que combateron no Dimitrov e no Đuro Đaković acabaron dirixindo os catro grupos do Exército Partisano de Liberación contra os exército nazi na segunda guerra mundial: Peko Dapčević o I, Koča Popović o II, Kosta Nađ o III, e Petar Drapšin o IV.[4]
Membros destacados
[editar | editar a fonte]- Todor Angelov (1900–1943), anarcocomunista búlgaro, posteriormente membro da Resistencia Belga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Beevor (2006) pag. 210
- ↑ Thomas (2001) pag. 574
- ↑ Thomas (2001) pag. 926
- ↑ Crusells, Magí. Las Brigadas Internacionales en la pantalla. Univ de Castilla La Mancha, 2001. ISBN 978-84-842-7149-9, p. 109
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hugh Thomas, The Spanish Civil War, 4th Rev. Ed. 2001.
- Antony Beevor, The Battle for Spain, 2006.