Batallón Louise Michel
Aparencia
Co nome de Batallón Louise Michel (tamén denominado Batallón Seis de Febreiro) coñecéronse dúas unidades de franceses e belgas que participaron nas Brigadas Internacionais durante a Guerra Civil Española. O seu nome era unha homenaxe a Louise Michel, unha heroína da Comuna de París en 1871.
- O primeiro batallón estaba formado por un pequeno número de voluntarios que estiveran operando desde Barcelona dende outono de 1936. Logo se integraron noutras unidades da XI e XIII Brigada.
- O segundo formouse en Albacete, nos centros de recrutamento e partida das Brigadas Internacionais, en outubro de 1936. Formou parte da XIII Brigada. En xaneiro de 1937 fusionouse co Batallón Henri Vuillemin.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Hugh Thomas, La guerra civil española.
- Antony Beevor, The Battle for Spain, 2006.
- (en catalán) Associació Catalana de Vexil.lologia. Les Brigades Internacionals