Batalla das Babias
Batalla das Babias | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria musulmá | ||
Localización | Astorga ![]() | ||
Coordenadas | 42°27′29″N 6°03′16″O / 42.458055555556, -6.0544444444444 | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla das Babias produciuse no ano 795 cando o emir de Córdoba, Hixam I, intentou vingar as súas anteriores incursións militares en 794 contra os reinos cristiáns baixo o mando dos irmáns Abd al-Karim ibn Abd al-Walid e Abd al-Malik ibn Abd al-Walid. As batallas anteriores resultaron en perdas devastadoras para o emirato, a máis importante na batalla de Lutos, onde un dos irmáns caeu.[1] A batalla resultou en vitoria musulmá.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]O emir cordobés Hirxam I buscou vinganza pola derrota do seu exército en 794 na batalla de Lutos, na que o xeneral cordobés Abd al-Malik ibn Abd al-Walid morreu en combate. Con este fin, enviou ao seu irmán, Abd al-Karim ibn Abd al-Walid á fronte dun exército de 10 000 homes en armas contra os cristiáns de Asturias.
O emir tamén organizou outro exército que marchou contra Galicia, esta segunda columna entrou no territorio arrasando ao seu paso. Tras a súa retirada, entrou en conflito separado coas forzas galegas e asturianas e foi derrotado. Nesta acción, os musulmáns sufriron grandes perdas e moitas das forzas foron capturadas, pero finalmente lograron escapar.
Afonso II, que reforzara o seu exército con machus[2] locais fixo o seu campamento preto de Astorga.[3] A zona fora unha base de operacións para os ataques musulmáns a través do Porto de Mesa.[4] Dende alí, o rei cristián enviou aos habitantes locais ás montañas circundantes e agardou a que as forzas cordobesas se enfrontasen a el, tendo a retirada garantida por Porto de Mesa.
Batalla
[editar | editar a fonte]Abd al-Karim enviou a súa vangarda de 4 000 homes contra a forza principal de Afonso II baixo o mando de Farach ibn Kinanah, o comandante da División Sidoniyya. Pouco despois, o propio Abd al-Karim avanzou coa retagarda e as reservas, as súas forzas combinadas lograron derrotar con éxito aos cristiáns. Tal e como estaba previsto, os cristiáns retiráronse polo camiño de Porto de Mesta mentres loitaban nunha acción de retagarda contra a cabalería cordobesa.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Abd al-Karim e Farach ibn Kinanah procederon a derrotar as forzas cristiás na batalla do río Quirós, de novo na batalla de río Nalón e culminando coa captura de Oviedo.[5] Co inicio do inverno, as forzas cordobesas retiráronse ás súas terras sen dar o golpe definitivo a Afonso II.
A morte de Hixam I de Córdoba e as posteriores disputas entre os seus herdeiros aseguraron que os reinos cristiáns puidesen recuperarse destas derrotas no transcurso duns anos. O tempo permitiu que Afonso II consolidase unha alianza con Carlomagno, rei dos francos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Collins, Roger (2012). Califas y reyes: España, 796-1031. Blackwell Publishing. p. 65. ISBN 9788498925159.
- ↑ machus ou majus, idólatras vascos
- ↑ "Abd al-Karim". el.tesorodeoviedo.es. Consultado o 2014.
- ↑ Suárez Fernández, Luis (1976). Historia de España Antigua y media. Ediciones Rialp. ISBN 978-84-321-1882-1.
- ↑ Menéndez Pidal, Ramón (1956). Historia de España. Espasa-Calpe.
- ↑ "La consolidación del emirato". Artehistoria. 2013. Arquivado dende o orixinal o 2013.