Batalla de Albert
Aparencia
Batalla de Albert | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de Picardy – Batalla de Flirey – Batalla de Albert – Primeira batalla de Artois – Batalla de Bassée – Batalla de Messines – Batalla de Armentières – Batalla de Yser – Primeira batalla de Ypres – Primeira batalla de Champagne |
A batalla de Albert foi unha batalla da primeira guerra mundial, producida no seo da Carreira cara ao mar, iniciada o 25 de setembro de 1914.
Na terceira semana de setembro, o X Exército francés avanzou cara a Albert e outras posicións ao leste de Amiens. O xeneral Joffre ordenou un ataque frontal contra as liñas xermanas, que resistiron a ofensiva. Nos días seguintes, o VI Exército alemán avanzou cara Bapaume e Thiepval o 26 e 27 de setembro e contraatacou. O obxectivo era o de capturar rexións francesas importantes a nivel agrícola e industrial, illar Bélxica e cortar as liñas de subministración británicas. Esta, e batallas sucesivas resultaron en empates que desgastaron ambos exércitos sen ganancias territoriais salientables.