Batalla de Benevento (-214)
Batalla de Benevento (-214) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda guerra púnica | |||||||||
Mapa que ilustra as campañas da segunda guerra púnica | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
República Cartaxinesa | República Romana | ||||||||
Líderes | |||||||||
Hannón o Vello | Tiberio Sempronio Graco | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
17 000 infantes, 1200 xinetes |
18 000 escravos voluntarios | ||||||||
Baixas | |||||||||
16 500 | 4 000 |
A batalla de Benevento librouse en 214 a. C. cerca da moderna cidade de Benevento (capital da homónima, na Campania, Italia) durante a segunda guerra púnica. As lexións romanas baixo as ordes de Tiberio Sempronio Graco derrotaron ás forzas cartaxinesas de Hannón o Vello, imposibilitando que chegaran os reforzos de Haníbal. Coa derrota dos reforzos enviados desde Cartago, Haníbal veríase obrigado a enfrontarse novamente aos romanos.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Os novos cónsules, Quinto Fabio Máximo e Marco Claudio Marcelo do 214 a. C., presentaron ao senado unha relación sobre a situación da guerra, a consistencia das forzas militares, e o despregamento das tropas. Como resultado, decretouse continuar a guerra con 18 lexións completas, recrutando seis novas.[1] En vista destes preparativos, os habitantes de Capua, cheos de medo, enviaron embaixadores a Haníbal para pedirlle que volvese á cidade. O cartaxinés pensou que debía darse présa e dirixiuse cara ao lago Averno, co pretexto de facer un sacrificio, pero coa intención de atacar a gornición romana de Puteoli.[2]
Cando Fabio se decatou do movemento de Haníbal, marchou día e noite para reunirse co seu exército. Enviou un despacho a Tiberio Sempronio Graco para que trasladase as súas tropas de Luceria a Beneventum, e ao seu fillo, o pretor Quinto Fabio Máximo, ordenoulle partir cara a Puglia para substituír a Graco.
Mentres o cónsul Fabio Máximo chegaba a Casilinum, preparado para asaltala, agora que estaba ocupada por unha gornición cartaxinesa, chegaron á vez a Beneventum o comandante cartaxinés Hannón, procedente de Brucia, e o procónsul Tiberio Graco. de Lucera.[3]
A batalla
[editar | editar a fonte]Ao día seguinte, á alba, Graco conduciu ás súas tropas e as dispuxo sobre o campo de batalla.[4] O continxente inimigo, tamén presto para enfrontarse aos romanos, estaba composto por 17 000 infantes, na súa maioría brucios e lucanos, e 1 200 cabaleiros númidas e maurii.[5]
A batalla foi longa e feroz. Durante catro horas o resultado foi incerto, tanto nos choques da infantaría, como nos da cabalaría, até que os cartaxineses fraquearon e fuxiron ao seu campamento. Os romanos perseguíronos e fixeron unha masacre, impedíndolles a fuga.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tito Livio Ab urbe condita libri XXIV, 11.1-4
- ↑ Tito Livio Obra citada XXIV, 12.4
- ↑ Tito Livio Obra citada XXIV, 14.1
- ↑ Tito Livio Obra citada XXIV, 15.1
- ↑ Tito Livio Obra citada XXIV, 15.2
- ↑ Tito Livio Obra citada XXIV, 16.2-3