Batalla de Cernesa
Batalla de Cernesa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Independecia de Portugal | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Condado Portucalense | Reino de Galiza | ||||||
Líderes | |||||||
Afonso I de Portugal | Fernán Pérez de Traba Rodrigo Vélaz |
A batalla de Cernesa tivo lugar en Cernesa ou Cerneja, un lugar aínda sen identificar de Galiza preto da Limia, en 1139/40 ou en 1137 segundo algúns autores[1], entre o recentemente autroproclamado rei de Portugal Afonso I e os condes do reino de Galiza Fernán Pérez de Traba e Rodrigo Vélaz, loitando en nome de Afonso VII.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Tras a vitoria portuguesa na Batalla de San Mamede (1128), o conde portugués, Afonso Henriques, comezou un esforzo concertado para establecer a súa independencia, sendo cada vez máis incómodo compartir o poder coa súa nai, a condesa Tareixa, que contaba co apoio da nobreza galega e o seu amante, Fernán Pérez de Traba. A Chronica Adefonsi imperatoris sinala que "antes disto, o monarca portugués intentara a invasión de Galiza varias veces, pero sempre fora expulsado por Fernán Pérez e Rodrigo Vélaz ademais de outros dirixentes galegos. Moitas veces viuse obrigado a regresar a Portugal deshonrado".[2] Entre 1137, cando asinou o Tratado de Tui, recoñecendo a Afonso VII como o seu soberano, e 1139 Afonso I proclamouse rei de Portugal.
Batalla
[editar | editar a fonte]Nese ano, ou máis probablemente o seguinte (1140), Afonso reuniu un exército e marchou cara a Galiza, acampando preto da Limia.[3] Fernán Pérez, que controlaba a Galiza occidental, e o seu aliado Rodrigo Vélaz, que controlaba o leste, convocaron aos outros nobres galegos, cualificados como homes leais a Afonso VII, para opoñerse ao avance portugués. Na batalla posterior foron derrotados. O autor anónimo da crónica, que atribúe a súa derrota aos seus pecados, conta a expedición nun parágrafo:
Unha vez máis Afonso, rei de Portugal, reuniu o seu exército e marchou á Limia. Cando esta noticia chegou a Galicia, inmediatamente foron convocados Fernán Pérez e Rodrigo Vélaz e outros nobres galegos do Emperador. Marcharon coas súas tropas contra o rei portugués e atopáronse con el en Cernesa. Despois de trazar as liñas de batalla, comezaron a loitar. Por mor dos seus pecados os condes fuxiron e foron derrotados. Porén, Rodrigo Vélaz foi capturado por algúns cabaleiros portugueses. Foi rapidamente liberado por dous dos seus escudeiros que usaron algunha estrataxema intelixente, e así puido fuxir con eles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ribeiro, Ângelo (2004). História de Portugal: A Formação do Território — Da Lusitânia ao Alargamento do País. ISBN 989-554-106-6.
- ↑ Edward Lipskey, Glenn (1972). The Chronicle of Alfonso the Emperor. Northwestern University.
- ↑ Barton, Simon (1997). The Aristocracy in Twelfth-century León and Castile. Cambridge. ISBN 9780511585128.