Batalla de Corbridge
Batalla de Corbridge | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Líderes | |||||||
Constantino II | Ragnall ua Ímair Gofraid ua Ímair Ottir Iarla † Graggabai jarl † [1] |
A batalla de Corbridge tivo lugar en Corbridge no ano 918. Foi un conflito decisivo no destino do reino viquingo de Northumbria e os anglosaxóns do Condado de Bamburgh. Os contendentes foron o rei viquingo Ragnall ua Ímair e Constantino II de Escocia.
Os Anais do Ulster ofrece información detallada sobre os acontecementos da batalla, informa dun exército escandinavo que se dividiu en catro columnas, unha das cales encabezada polo caudillo Ottir Iarla, un incondicional aliado de Ragnall, e sitúano co exército do rei viquingo:
U918.4: Os estranxeiros de Loch dá Chaech, Ragnall, rei dos escuros estranxeiros, e os dous jarls, Oitir e Gragabai, abandonaron Irlanda e foron a por os homes deEscocia. Os homes de Escocia, enfrontáronse contra eles nos bancos do Tyne ao norte da terra dos saxóns. Os pagáns dividíronse en catro batallóns: un batallón con Gothfrith neto de Ímar, un batallón cos dous jarls, e un batallón cos nobres novos. Tamén había un batallón que emboscaba con Ragnall á fronte, que os homes de Escocia non advertiron. Os escoceses deron conta dos tres batallóns que viron, e mataron a moitos pagáns, incluídos Oitir e Gragabai. Ragnall, no entanto, atacou pola retaguardia dos escoceses, e fixo unha matanza entre eles, aínda que ningún dos seus reis ou condes morreron. Á noitiña rematou a batalla.
Segundo a cita os escoceses destruíron as primeiras tres faccións pero foron emboscados pola cuarta, comandada polo mesmo rei Ragnall, quen permanecera escondido tras un outeiro. Os escoceses tentaron escapar do desastre, non obstante a crónica Historia de Sancto Cuthberto engade que os ingleses loitaron á beira dos homes do norte, ignorando a presenza dos escoceses.
En 919, Ragnall dirixiuse a York, tomou a cidade e proclamouse rei.[2] Os bernicios sometéronse, aínda que Ealdred I de Bernicia e Domnall I de Strathclyde, xuraran lealdade ao rei de Inglaterra.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Downham (2007), p. 256.
- ↑ Downham (2007), pp. 91 - 95
- ↑ "Ragnall Ivarson and Jarl Otir" (101).
- ↑ Stenton, Sir Frank M. Anglo-Saxon England Third Edition. Oxford University Press, 1971.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014 (en inglés). Edimburgo: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |