Saltar ao contido

Batalla de Isandhlwana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Isandhlwana
Guerra anglo-zulú
A última batalla en Isandlwana de Charles Edwin Fripp.
Tipobatalla Editar o valor en Wikidata
Data
ResultadoVitoria zulú
LocalizaciónIsandlwana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Coordenadas28°21′32″S 30°39′9″L / -28.35889, -30.65250
Belixerantes
Imperio Británico Reino Zulú
Wikidata ]
Monumento dedicado ós mortos zulús

A batalla de Isandhlwana tivo lugar o 22 de xaneiro de 1879 no contexto da guerra anglo-zulú. O continxente británico estaba dirixido polo Barón de Chelmsford e o zulú por Ntshingwayo Khoza.

O 11 de decembro de 1878 os británicos presentaran un ultimato a Cetshwayo, o rei zulú, cando practicamente xa se decidiran a atacalo.

O exército británico de 16 800 homes consistía de rexementos de cabalaría, infantaría e o corpo de voluntarios de Natal composto por africanos e bóers, as columnas de subministración compostas por 612 carromatos e 113 carros lixeiros tirados por 7 626 animais de tiro causaban moito atraso. Chelmsford move as súas tropas dende Pietermaritzburg, onde estaba instalado, cara ao campamento de Helpmekaar, preto de Greytown, o 9 de xaneiro chegan Rorke's Drift, e na mañá do 11 de xaneiro, sen agardar a resposta ao ultimato, comezan a cruzar o río Buffalo e entran en Zululandia. Os británicos acampan en Isandlwana, un lugar en campo aberto, que non fortifican, confiando no seu armamento e organización superior, e aínda que organizaron patrullas de recoñecemento que se atoparon con algúns zulús, non foron capaces de descubrir a magnitude da tropa zulú próxima, que consistía en 35 impis (rexementos).

Chelmsford dividiu o seu exército e dedicouse a atopar os zulús. Deixou o 1º batallón do 24º Rexemento de infantaría no campamento baixo o mando de Henry Pulleine, un administrador sen experiencia bélica.

Mentres Chelmsford estaba no campo buscándoos e hostigado por pequenas partidas zulús que o afastaban do campamento, o exército zulú, composto por 22 000 homes, atacou o campamento británico, os 1 000 soldados británicos e 800 nativos foron totalmente superados, os zulús non fixeron prisioneiros e mataron a case todos, tan só 55 militares británicos e 300 nativos conseguiron fuxir. Despois da batalla, os zulús, seguindo a súa tradición, abriron os corpos dos mortos para liberar os espíritos.

Isandlwana foi a primeira derrota dos británicos en África, os zulús perderon 3 000 homes e outros tantos resultaron feridos