Saltar ao contido

Batalla de Kosovo Polje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Batalla de Kosovo»)
Batalla de Kosovo Polje, óleo de Adam Stefanović, 1870.

A Batalla de Kosovo Polje, tamén coñecida como Batalla de Kosovo (en serbio: Kosovska bitka; en cirílico: Косовска битка; en turco: Kosova Meydan Muharebesi) foi unha batalla librada en 1389, o día 15 de xuño, festividade de San Vito,[1] entre o principado serbio rexido por Lazar Hrebeljanović e o exército invasor do Imperio Otomán, baixo a dirección do sultán Murad I.[2]

A batalla tivo lugar no Campo dos merlos, a uns 5 km o noroeste da moderna Priština. Os relatos históricos fiábeis sobre a batalla son escasos; os máis críbels obtivéronse a través de comparacións críticas con batallas históricas contemporáneas (como as de Angora ou Nicópolis), que permitiron unha reconstrución fiábel.[3]

A batalla finalizou con vitoria otomán, con grandes perdas en ambos os bandos.

A Batalla de Kosovo ten particular importancia no concepto serbio da historia, a tradición e a identidade nacional.[4]

O knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović.
Murad I, sultán do Imperio Otomán desde 1383 até a súa morte durante a batalla.

O exército de Murad comprendía entre 27 000 e 40 000 combatentes.[5][6][7] Entre eles estaban incluídos de 2 000 a 5 000 xanízaros,[8] 2 500 membros da garda de cabalería de Murad, 6 000 ispahís, 20 000 azaps e akincis e 8 000 dos seus vasalos de Germiyan, Saruhan, o Imperio bizantino, Bulgaria, os principados do sur de Serbia en Macedonia (as terras de Constantino Dragaš e o príncipe Marko) eAlbania.[7]

O exército de Lazar estaba composto por de 12 000 e 33 000 soldados.[5][9] Deles, entre 12 000 e 15 000 estaban baixo o mando de Lazar, entre 5 000 e 10 000 correspondían a Vuk Branković, un nobre serbio de Kosovo e xenro de Lazar, e un grupo menor ao nobre bosníaco Vlatko Vuković.[10] O exército mixto de Vuković incluía un continxente de Cabaleiros Hospitalarios, a quen o cabaleiro croata Xoán de Palisna levara desde Vrana, en Dalmacia.[11] Varios miles eran cabaleiros.[12] Como aliados dos cristiáns ía tamén un número indeterminado de cabaleiros polacos e húngaros.[13]

Maldición de Kosovo:
A inscrición da maldición de Lazar áchase no monumento de Gazimestan.

"Aquel que sexa serbio e serbio de nacemento,
E de sangue e antepasados serbios,
E non veña á Batalla de Kosovo,
Nunca terá os descendentes que desexe,
Nin fillos nin fillas!
Nada crecerá onde toquen as súas mans,
Nin viño escuro, nin trigo branco!
E será maldito polos séculos dos séculos!

A batalla de Kosovo considérase unha vitoria das forzas otománs.[14][15][16][17] Debido á súa derrota, Serbia foi convertida nun Estado vasalo cuxos nobres debían pagar tributo e subministrar soldados aos otománs.

Por outra parte, como consecuencia da presión turca,[18] algúns nobres serbios accederon a casar ás súas fillas con mandatarios turcos, incluída a filla do knez Lazar, que casou cunha filla do sultán Bayezid I.[19][20]

A raíz destes matrimonios, Stefan Lazarević, o fillo e herdeiro de Lazar, converteuse nun fiel aliado de Beyazid, achegando forzas importantes para moitos dos seus futuros enfrontamientos militares, incluíndo a Batalla de Nicópolis, que marcou a última cruzada a grande escala na Idade Media.

Como compensación por esta alianza, Stefan recibiu do Sultán as posesións de Vuk Branković en Kosovo.[21]

Finalmente, o Despotado de Serbia, único reduto que resistiu aos otománs despois da batalla, foi conquistado definitivamente por estes en 1459.

A batalla de Kosovo chegou a ser vista como un símbolo do patriotismo serbio e o desexo de independencia co auxe do nacionalismo baixo o dominio otomán. A súa importancia para o nacionalismo serbio recobrou prominencia durante a disolución de Iugoslavia e a guerra de Kosovo, sendo invocada por Slobodan Milošević en 1989 nun célebre discurso durante os actos de celebración do 600º aniversario da batalla.[22]

  1. Algunhas fontes sitúan a batalla o 28 de xuño segundo o novo calendario gregoriano, que non foi adoptado até dous séculos despois. De ser así, a data segundo o mesmo sería o 23 de xuño.
  2. Van Antwerp, John. The Late Medieval Balkans, páx. 409
  3. "Kosovska bitka" (en serbocroata). Vojna Enciklopedija. Belgrado: Vojnoizdavacki zavod. 1972. páx. 659.
  4. Duijzings, G., Religion and the Politics of Identity in Kosovo, London: Hurst, 2000.
  5. 5,0 5,1 Sedlar, Jean W. East Central Europe in the Middle Ages, 1000-1500. University of Washington Press. páx. 244. "Nearly the entire Christian fighting force (between 12,000 and 20,000 men) had been present at Kosovo, while the Ottomans (with 27,000 to 30,000 on the battlefield) retained numerous reserves in Anatolia."
  6. Cox, John K. The History of Serbia. Greenwood Press. páx. 30. "The Ottoman army probably numbered between 30,000 and 40,000. They faced something like 15,000 to 25,000 Eastern Orthodox soldiers."
  7. 7,0 7,1 "Kosovska bitka" (en serbocroata). Vojna Enciklopedija. Belgrado: Vojnoizdavacki zavod. 1972.
  8. Hans-Henning Kortüm, Transcultural Wars from the Middle Ages to the 21st Century, Akademie Verlag, 231. "But having been established under Murad I (1362-1389), essentially as a bodyguard, the Janissaries cannot have been present in large numbers at Nicopolis (there were no more than 2,000 at Kosovo in 1389)."
  9. Cox, John K. The History of Serbia. Greenwood Press.
  10. "Kosovska bitka" (en serbocroata). Vojna Enciklopedija. Belgrado: Vojnoizdavacki zavod. 1972. páxs. 659–660.
  11. Hunyadi and Laszlovszky, Zsolt and József (2001): 'The Crusades and the military orders: expanding the frontiers of medieval latin christianity. Budapest: Central European University Press. Dept. of Medieval Studies. páxs. 285–290. ISBN 963-9241-42-3.
  12. "Kosovska bitka" (en serbocroata). Vojna Enciklopedija. Belgrado: Vojnoizdavacki zavod. 1972. páx. 660.
  13. Military history of Hungary (Magyarország hadtörténete), Ed.: Ervin Liptai, Zrínyi Military Publisher, 1985, Budapest ISBN 963-05-0929-6
  14. Encyclopædia Britannica Battle of Kosovo Consultada o 18 de decembro de 201i
  15. MSN Encarta (recuperado a través de webcitation.org) Battle of Kosovo Consultada o 18 de decembro de 2011
  16. Historical Dictionary Of Kosova, By Robert Elsie, páx.95
  17. The Encyclopedia of World History: Ancient, Medieval, and Modern, Chronologically Arranged By Peter N. Stearns, William Leonard Langer, páx. 125
  18. Bloodlines: From Ethnic Pride to Ethnic Terrorism By Vamik D. Volkan, páx. 61
  19. The Ottoman Empire, 1700-1922 By Donald Quataert, páx. 26
  20. History of the Ottoman Empire and Modern Turkey By Stanford Jay Shaw, Ezel Kural Shaw, páx. 24
  21. Srpsko Blago Stefan Lazarevic, Prince (1389 - 1402) Arquivado 08 de marzo de 2017 en Wayback Machine. Consultada o 18 de decembro de 2011.
  22. Emperors Clothes Milosevic's Speech, Kosovo, 28 June 1989 BBC Translation Consultada o 18 de decembro de 2011.