Constantino Dragaš
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1355 (Gregoriano) Imperio serbio |
Morte | 25 de maio de 1395 (39/40 anos) |
Déspota | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Familia | |
Familia | Dejanović noble family (en) |
Cónxuxe | Eudóxia de Trebizonda (1387–) |
Fillos | Helena Dragaš |
Pais | Dejan e Theodora Nemanjić |
Irmáns | Jovan Dragaš Žarko Theodora Dragaš |
Constantino Dragaš (en serbio e búlgaro: Константин Драгаш, Konstantin Dragaš; grego: Kωvσταντίνος Δραγάσης, Konstantínos Dragáses), finado o 17 de maio de 1395, foi un señor rexional semi-independente no fragmentado reino de Serbia centrado en Velbazhd (Kyustendil) de 1378 até a súa morte na batalla de Rovine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Constantino era fillo do sebastocrátor serbio Dejan Dragaš e de Teodora (Eudokia), a irmá do emperador serbio Estevo Uroš IV Dušan. Os seus avós maternos foron o rei serbio Estevo Dečanski e Teodora, filla do tsar Smilets de Bulgaria.
Xunto co seu irmán Jovan Dragaš, que morreu en 1378/1379, Constantino gobernou gran parte da rexión de Macedonia oriental e unha parte media do val do río Struma (Estrimón). Os títulos de Constantino varían nas fontes, onde se lle chama «señor» (en serbio gospodin, grego kyr ou authentēs); poida que obtivese o título de déspota polo que adoita ser mencionado nos estudos modernos, se cadra por concesión do seu xenro, o emperador bizantino Manuel II Paleólogo.
Os irmáns Dragaš dotaron xenerosamente varios mosteiros do monte Athos, incluíndo os de Hilandar, Pandeleimonos e Vatopedi.
Despois da batalla de Maritza, víronse obrigados a se converteren en vasalos do Imperio Otomán, pero mantiveron estreitos vínculos cos seus veciños cristiáns, incluído o Imperio bizantino. En 1395, xunto co seu veciño e aliado Marko, o rei serbio de Prilep, Constantino Dragaš morreu loitando polo seu señor otomán Beyazid contra Mircea I de Valaquia en Rovine, preto de Craiova.
Matrimonios
[editar | editar a fonte]Constantino Dragaš casou dúas veces. O nome da súa primeira esposa descoñécese, pero non foi a Tamár (Tamara), filla do tsar Iván Alexandre de Bulgaria, que casou cun certo «déspota» Constantino. A segunda esposa de Dragaš foi Eudoxia de Trebisonda, filla do emperador Aleixo III de Trebisonda e de Teodora Cantacucena. Coa súa primeira esposa, Dragaš tivo polo menos unha filla e, posibelmente, un fillo:
- Helena Dragaš (Jelena Dragaš, monxa Ipomoni), que desposou ao emperador bizantino Manuel II Paleólogo e morreu o 13 de maio de 1450. Tivo moitos fillos, incluídos os dous últimos emperadores bizantinos, dos cales Constantino XI adoptou o apelido de Dragaš (en grego Dragases).
- Quizais tamén Jakov (coñecido polo equivalente musulmán do nome, Yaqub), quen o sucedeu como señor de Velbăžd (Kyustendil).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.