Batalla de Montgisard
Batalla de Montgisard | |||
---|---|---|---|
Cruzadas | |||
![]() Representación da batalla | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria cristiá | ||
Localización | Ramla ![]() | ||
Coordenadas | 31°52′N 34°55′L / 31.86, 34.92 | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Baixas | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de Montgisard tivo lugar o 25 de novembro de 1177 entre musulmáns ao mando de Saladino e cristiáns baixo as ordes do rei Balduíno IV de Xerusalén. O conflito produciuse nos últimos anos da existencia do Reino Cristián de Xerusalén, cando Saladino ameazaba con invadir os estados francos de Siria.
Historia da batalla
[editar | editar a fonte]O Reino de Xerusalén atopábase ameazado pola invasión de mamelucos e soldados musulmáns do Sultán Saladino, quen comandaba un exército de 27.000 homes segundo Guillerme de Tiro. Empezou a invasión sobre os campos crendo atacar un país sen defensores. Pero o novo rei Balduíno IV reuniu todos os cabaleiros que lle quedaban e levouse a Vera Cruz. Levou consigo 375 cabaleiros, dos cales 80 eran templarios baixo as ordes do mestre Eudes de Saint Amand, Reinaldo de Châtillon e Xocelino III de Courtenay, tío do rei; os irmáns Íbelin, Reinaldo de Sidón e Aubert, bispo de Belén, que levaba a Vera Cruz. A infantaría fora recrutada ás présas, incluíndo burgueses, e era máis numerosa que a cabalería, aínda que non superaba os catro mil homes.
O exército cristián atacou por retagarda ao musulmán e de forma sorpresiva, o que produciu unha gran confusión nas filas do exército de Saladino, quen se salvou de milagre grazas á abnegación dos mamelucos da súa garda persoal, que morreron case todos arredor del. Din as crónicas: "O novo rei, atacado pola lepra, superou todos os obstáculos e loitou cunha grande coraxe, o que deu tamén coraxe aos seus homes."
O exército de Saladino fuxiu en desbandada cara a Exipto, con enormes perdas, mentres que as tropas cristiás eran recibidas triunfalmente en Xerusalén.
A vitoria de Montgisard significou a supervivencia do Reino de Xerusalén até a morte do rei Balduíno IV.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Montgisard |