Saltar ao contido

Batalla de Ribadauga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Ribadauga
Parte de a Guerra do Anel
Data 3 de novembro de 3019 Terceira Idade do Sol
Lugar Vila de Ribadauga
Resultado Vitoria dos hobbits
Belixerantes
A Comarca
Gondor
Isengarda
Líderes
Frodo Bulseiro,
Samsagaz Gamllí,
Meriadoc Brandigamo
Peregrin Tuc
Saruman
Forzas en combate
Hobbits da Comarca Orcos de Isengarda
Baixas
19 ~70

A Batalla de Ribadauga é un conflito ficticio do legendarium do escritor J. R. R. Tolkien. Ocorre nun dos últimos capítulos da novela O Señor dos Aneis.

Ocorreu o 3 de novembro do 3019 da Terceira Idade do Sol, e foi o enfrontamento entre os hobbits da Comarca e uns soldados comandados por Saruman. Esta batalla considérase a derradeira da Guerra do Anel. Considérase ademais a segunda batalla realizada dentro das fronteiras da Comarca (Logo da Batalla dos Campos Verdes) dende a súa fundación hai máis de 1400 anos.

Os bandos, como se dixo anteriormente, estaban conformados polos hobbits da Comarca liderados por Frodo e Sam pero especialmente por Merri e Pipin, que utilizaron a súa experiencia nos exércitos de Rohan e Gondor durante a Guerra do Anel. Pipin aínda se mantiña ó servizo de Gondor, polo que loitaba baixo a autoridade do novo goberno de Minas Tirith.

No bando inimigo estaban os invasores orcos dirixidos por Sargo (o nome que os orcos lle daban a Saruman, que significa "ancián").

A estratexia utilizada polos hobbits que lles deu a vitoria consistiu en emboscar ós inimigos bloqueando os camiños polos que entraran na cidade, usando carromatos e carretas. A pesar de que se lles instou a renderse, os homes de Saruman decidiron pelexar a súa fuxida, pero foron vencidos polos hobbits. Pipin e Merri loitaron con coraxe na batalla, ó igual que Sam. Frodo tamén se atopaba alí, pero ocupouse máis de coidar ós feridos e de preocuparse por que os inimigos que se rendesen fosen respectados.

Logo da batalla Frodo confrontou a Saruman xunto cos seus tres compañeiros, e exiliouno para sempre da Comarca. Despois, Gríma asasinaría a Saruman cando se retiraba, e antes de que Frodo puidese reaccionar, os hobbits vixilantes lanzaron frechas contra Lingua de Verme, que morrería inmediatamente. O último enfrontamento e a última morte da Guerra do Anel ocorreron xusto onde comezou todo, en Hobbiton de onde Frodo inicialmente partira cara a Valfendido.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]