Batalla de San Esteban de Gormaz
Batalla de San Esteban de Gormaz | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria cristiá | ||
Localización | San Esteban de Gormaz | ||
Coordenadas | 41°35′00″N 3°12′00″O / 41.583333, -3.2 | ||
Belixerantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
[ Wikidata ] |
A batalla de San Esteban de Gormaz foi unha batalla que tivo lugar no ano 917. A batalla enfrontou ás forzas omeias do Emirato de Córdoba ao mando de Abi-Abda contra as tropas do Reino de Galicia e do Reino de León ao mando de Ordoño II. A batalla resultou na vitoria cristiá.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En 912, Ordoño II ordenou a repoboación de San Esteban de Gormaz xa que a cidade fora unha das cidades limítrofes entre as zonas mouras e cristiás da Península Ibérica.
Ao coñecer os esforzos de Ordoño II para repoboar e tomar o control da cidade, Abi-Abda ordenou asedio a cidade en 917. Ordoño II puido acudir con éxito en auxilio da cidade e derrotou ás forzas musulmás. O propio Abi-Abda foi capturado durante a loita e executado por decapitación. A súa cabeza foi exposta nas murallas da cidade como advertencia aos musulmáns.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Unha batalla semellante tivo lugar en 919 onde os musulmáns foron rexeitados; porén, en 920 a cidade estaba de novo en mans musulmás. A cidade cambiou de mans varias veces ata 1054 cando a vila foi recuperada definitivamente polas forzas cristiás baixo o mando de Rodrigo Díaz de Vivar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia de San Esteban de Gormaz". sanesteban.com. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2009.