Batalla de Vilafranca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Batalla de Vilafranca | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra da Independencia española | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Reino de España | I Imperio francés | ||||||||
Líderes | |||||||||
Gabriel de Mendizábal | |||||||||
Forzas en combate | |||||||||
1.500 4 canóns |
1.000 1 canón | ||||||||
Baixas | |||||||||
700 mortos 574 capturados |
escasas |
A batalla de Vilafranca tivo lugar o 17 de marzo de 1809 no decurso da ocupación francesa da actual provincia de León polos franceses na Guerra da Independencia española. Despois dun sanguento asedio de catro horas, unha guarnición francesa, illada en Vilafranca do Bierzo, rendeuse perante as milicias españolas do xeneral Gabriel de Mendizábal.
Contexto
[editar | editar a fonte]En 1809 as operacións do exército español no Noroeste estiveron marcadas por esforzos irregulares para expulsar os franceses das zonas que a invadiran, e logo do afundimento dese exército no discorrer do ano anterior. Os restos dos exércitos desfeitos polos ataques franceses, operando en colaboración coas guerrillas e a milicia, organizaran razias e escaramuzas, que de xeito ocasional permitían a captura de tropas ou equipos militares franceses.
Unha das formacións sobreviventes, a división regular de infantaría do xeneral marqués de La Romana, estabeleceuse en Asturias, fustrigando os franceses en León e Galiza. En marzo, elementos desa unidade, armados cun canón de 12 libras e con municións recobradas dun posto, abandonado polos napoleónicos, en Ponferrada, a pouca distancia de Vilafranca do Bierzo.
Desenvolvemento da batalla
[editar | editar a fonte]A vangarda de ataque estaba formada por uns 1.500 homes dos rexementos Zaragoza e Zamora, ás ordes de Mendizabal, cos que colaboraron milicianos e guerrilleiros, entre eles valdeorreses. O 17 de marzo entraron en Vilafranca e arrodearon aos franceses, que se fixeron fortes no castelo. Comezou daquela unha cruenta batalla, que levou a vida de varios oficiais españois, mais logo de catro horas de combate, os franceses decidiron renderse.