Saltar ao contido

Batalla do Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla do Douro fai referencia a unha batalla entre galaicos e lusitanos contra os exércitos da República Romana liderados por Décimo Xunio Bruto cara o 137 a. C.

Historia[editar | editar a fonte]

Paulo Orosio describe o enfrontamento na Historiae adversus paganos :

Mentres tanto Bruto venceu en Hispania Ulterior a 60 000 galaicos que acudiran en auxilio dos lusitanos; e fíxoo nunha dura e difícil batalla, aínda que os rodeou cando estaban desprevidos. Deles, 50 000 caeron neste combate; Dise que 6 000 foron feitos prisioneiros, e moi poucos conseguiron escapar.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

Inda que non existe ningunha fonte primaria para a localización desta batalla, tómase o río Douro como posible localización, pola súa condición de fronteira natural entre os galaicos e a expedición de Décimo Xunio Bruto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orosio, Paulo. Historias Contra Los Paganos". archive.org. Consultado o 2024. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.