Bayi Rockets
Bayi Rockets | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Bayi Shuanglu Dianchi Rockets (八一双鹿电池火箭) |
Liga | CBA (Sur) |
Fundación | 1955 |
Cores | Vermello, amarelo, branco |
Presidente | Grupo Fubang Holding |
Adestrador | Wang Zhizhi |
Localización | |
Cidade | Ningbo, China |
Pavillón | Youngor Arena |
Capacidade | 5.000 |
Inauguración | 1994 |
Campionatos | |
Liga | 8 (1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 2007) |
cba.hupu.com/teams/bayi |
Os Bayi Shuanglu Dianchi Rockets (chinés: 八一双鹿电池火箭), tamén coñecidos como Bayi Shuanglu Dianchi, Bayi Army Rockets ou Bayi Rockets, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Ningbo (Zhejiang). Os Rockets son un dos equipos máis exitosos da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, tendo gañado até oito títulos de liga, récord só igualado polos Guangdong Southern Tigers. Alén diso, o club xa gañara 34 títulos nacionais antes da fundación da CBA. O equipo xoga os seus partidos como local no Youngor Arena, recinto con capacidade para 5.000 espectadores. Ocasionalmente, o equipo é chamado Bayi Deers, xa que as mascotas do seu principal patrocinador, Pairdeer, son un par de cervos (en inglés: deer).
Historia
[editar | editar a fonte]Os fundadores dos Bayi Rockets serviron no Exército Popular de Liberación, sendo o nome do club, "Bayi", unha homenaxe do aniversario da fundación do EPL: o 1 de agosto (八一, "Bayi" quere dicir "oito un" en chinés). Os Rockets non son o único co club do deporte chinés co nome de "Bayi" en homenaxe ao exército. Algúns exemplos son o Bayi Kylin da WCBA feminina, e os clubs de fútbol Bayi Xiangtan (feminino) e Bayi Zhengbang (masculino). Os Bayi Rockets teñen unha ampla historia anterior á actual Chinese Basketball Association (CBA). De feito, antes da temporada inaugural da CBA o club tiña gañado 34 títulos nacionais. Os Rockets gañaron os seis primeiros títulos da CBA (desde 1996 até 2001) e posteriormente en 2003 e 2007.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (8): 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2003, 200
- Subcampións (3): 2002, 2004, 2006