Beacon Explorer C
Beacon Explorer C / BE-C / Explorer 27 | |
---|---|
Representación artística de Explorer 27/BE-C | |
Tipo | Observación terrestre |
Organización | NASA[1][2] |
Data de lanzamento | 29 de abril de 1965[3][4][5] |
Foguete portador | Scout[1][4] |
Sitio de lanzamento | Wallops Island[1][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudos xeodésicos e observación da ionosfera.[1][4][5] |
NSSDC ID | 1965-032A |
Masa | 60,8 kg[1][2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7493,8 km[3] |
Inclinación | 41,2 graos[3] |
Apoapse | 1301,8 km[3] |
Periapse | 943,8 km[3] |
Período orbital | 107,6 minutos[3] |
Beacon Explorer C, tamén coñecido como BE-C e Explorer 27, foi un satélite artificial de Estados Unidos pertencente ó programa Explorer e lanzado o 29 de abril de 1965 mediante un foguete Scout desde Wallops Island.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]BE-C foi adicado á investigación da ionosfera terrestre coa finalidade de determinar a cantidade de electróns entre a nave e a Terra. Tamén serviu para facer medicións xeodésicas.[1][4]
O satélite inicialmente estabilizábase mediante xiro para pasar a estabilizarse nos tres eixos tralo desplegue dos paneis solares usando unha barra magnética que aliñaba o eixo de simetría do satélite co campo magnético local. A información da orientación do satélite proviña dun magnetómetro de tres eixos e duns sensores solares.[1][4]
A nave non levaba maneira de rexistra-los datos a bordo, polo que se obtiñan cada vez que sobrevoaba unha estación terrestre. O satélite emitía continuamente a 162 e 324 MHz para permiti-la súa localización precisa e facer estudos xeodésicos.[1][4]
O satélite foi posto fóra de servizo o 20 de xullo de 1973 debido a que interfería con outros satélites.[1][4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Beacon Explorer B levaba a bordo unha sonda electrostática, un radiofaro que emitía a 20, 40 e 41 Hz, un reflector láser pasivo para seguimento do satélite e un experimento de navegación Doppler.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: BE A, B, C" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "Beacon" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 27" (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 NASA (20 de abril de 2012). "BE-C" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Letter dated 6 August 1965 from the Deputy Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (65-19394). 16 de agosto de 1965: 2. Consultado o 5 de febreiro de 2021.