Beatrice Vio
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1997 ![]() Venecia, Italia ![]() |
Lateralidade | manicho ![]() |
Actividade | |
Ocupación | wheelchair fencer (en) ![]() ![]() |
Nacionalidade deportiva | Italia ![]() |
Deporte | esgrima em cadeira de rodas (pt) ![]() ![]() |
Participou en | |
2021 | Xogos Paralímpicos de 2020 |
setembro de 2016 | Xogos Paralímpicos de 2016 ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Bebe Vio: On top of the world (en) ![]() ![]() |
Sitio web | bebevio.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Beatrice Maria Adelaide Marzia Vio, coñecida como Bebe Vio, nada en Venecia o 4 de marzo de 1997, é unha esgrimista italiana en cadeira de rodas. Foi campioa de Europa en 2014 e 2016, campioa do mundo en 2015 e 2017, e campioa paralímpica en 2016 na categoría B de florete.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Bebe Vio naceu en Venecia en 1997, segunda de tres irmáns, e foi criada en Mogliano Veneto.[1]
A finais de 2008, cando tiña once anos, tivo unha meninxite severa que lle provocou unha infección pola que posteriormente lle foron amputadas ambas as pernas dende o xeonllo, e os dous brazos dende o antebrazo.[2] Despois de máis de tres meses de rehabilitación intensiva foi capaz de volver a deporte.[3]
Na súa infancia tivo tres paixóns, que bautizou como "os tres S": escola (scuola en italiano), esgrima (scherma), que comezou a practicar aos cinco anos, e scouting (scoutismo).[1][4]
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Vio foi campioa de esgrima en cadeira de rodas. Emprega unha prótese especial para soster o seu florete, loitando dende o ombreiro. Baixo o adestramento de Federica Berton e Alice Esposito, participou na primeira competición de esgrima en cadeira de rodas en 2010.[5] A súa experiencia inspirou os seus pais na fundación da organización sen ánimo de lucro Art4sport Onlus, que promove o deporte entre persoas novas amputadas.
Nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 aínda era moi nova para participar, mais foi escollida como abandeirada para a cerimonia de apertura despois dunha campaña en liña onde máis de 1000 persoas enviaron un correo electrónico ao Comité Paralímpico Internacional para apoiar a súa candidatura.[6]
No mesmo ano, con quince anos de idade, uniuse á selección italiana de esgrima en cadeira de rodas. En 2013 gañou a súa primeira Copa Mundial en Montreal despois de derrotar a medallista olímpica de prata Gyöngyi Dani. Por esta participación, foi nomeada atleta paralímpica do mes polo Comité Paralímpico Internacional.[7]
A inicios da tempada 2013–2014, deteu os seus adestramentos para concentrarse nos seus estudos, aínda que regresou en xuño e gañou os torneos individual e como equipo do Campionato Europeo.[8] Ao final do ano, o Comité Paralímpico Italiano outorgoulle o recoñecemento de "Atleta Italiana Paralímpica do Ano", un título compartido con Oxana Corso.[9] En 2015, converteuse en campioa mundial despois de derrotar a Dani 15–4 na final.[10] Foi nomeada embaixadora para a Expo de Milán 2015 e publicou a súa autobiografía Mi hanno regalato un sogno.[11][12]
Na tempada 2015-2016, recibiu o Premio Mangiarotti do Comité Olímpico Italiano.[13] Gañou o seu segundo título europeo en Casale Monferrato, vencendo a rusa Irina Mishurova.[14] En xullo perdeu na final da Copa Mundial en Varsovia contra a rusa Viktoria Boykova, co que finalizou a súa serie de once vitorias consecutivas en eventos de Copas Mundiais.[15] Aínda así, cualificouse para os Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016 como a esgrimista mellor clasificada na súa categoría.[16] En Río resultou campioa invicta, gañando os cinco encontros por equipos por 5-0. Na final enfrontouse á chinesa Jingjing Zhou. O combate foi interrompido cando a punta do florete da súa rival entrou accidentalmente na súa máscara. Despois de aplicarlle xeo, gañou 15-7, recibindo así a medalla paralímpica de ouro.[4][17]
Recibiu o Premio de América da Fundación Italia-Estados Unidos en 2018.
Activismo
[editar | editar a fonte]Por mor da súa enfermidade e da súa recuperación, Vio converteuse nunha "defensora da vacinación temperá".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Costa, Diego (12 de xuño de 2014). "Bebe Vio, che ha battuto la Vezzali cambiando la sopravvivenza in vita" (en italiano).
- ↑ "One year on: Wheelchair fencing star Bebe Vio". 31 de agosto de 2013.
- ↑ Pisapia, Luca (11 de xuño de 2012). "Tirare di scherma con quattro protesi, è Beatrice Vio tedofora alle Paralimpadi" (en italiano).
- ↑ 4,0 4,1 Gorney, Cynthia (novembro 2017). "Why Vaccines Matter". p. 134.
- ↑ "Beatrice Vio". 31 de agosto de 2013.
- ↑ "Paralimpiadi. Bebe Vio, a Londra a furor di popolo. Niente gare, ma il futuro è suo" (en italiano). Redattore Sociale. 3 de agosto de 2012.
- ↑ "Beatrice Vio - Athlete of the Month May 2013". maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 13 de novembro de 2020.
- ↑ "Scherma, agli Europei l'Italia ha il sorriso di Beatrice Vio" (en italiano). Rai News. 10 de xuño de 2014.
- ↑ "Beatrice Vio premiata con l'Italian Paralympic Award 2014" (en italiano). Italian Fencing Federation. 9 de outubro de 2014.
- ↑ Carlino, Maddalena (22 de setembro de 2015). "Niente è impossibile. Bebe Vio, l’oro paralimpico del fioretto ci racconta “come fare la differenza”" (en italiano). L'Unità TV.
- ↑ Sogliani, Marina (9 de abril de 2015). "La campionessa di scherma Beatrice Vio sarà Ambassador di Expo Milano 2015" (en italiano).
- ↑ "Beatrice "Bebe" Vio: "Mi hanno regalato un sogno"" (en italiano). 14 de decembro de 2015.
- ↑ Silvia Galimberti (25 de febreiro de 2016). "Il premio "Mangiarotti" assegnato all'imbattibile Vio" (en italiano).
- ↑ Claudio Arrigoni (18 de maio de 2016). "Non si ferma mai. Oro europeo 2016 per Bebe Vio" (en italiano).
- ↑ Gennari, Alessandro (11 de julio de 2016). "Varsavia: argento per Bebe, si interrompe la striscia vicente" (en italiano).
- ↑ "Federscherma - Giochi Paralimpici Rio2016 - Ecco la delegazione azzurra: sette Italiani in pedana dal 12 al 16 settembre" (en italiano). Italian Fencing Federation. 18 de xullo de 2016.
- ↑ "Victory for Vio in wheelchair fencing foil event". International Paralympic Committee. 14 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatrice Vio ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Italia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garetto, Giacomo; Bosco, Gerardo (febreiro de 2017). "Bebe Vio: On top of the world". Undersea and Hyperbaric Medicine (en inglés) 44 (1): 79–80. PMID 28768089.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Profile en rio2016.com