Saltar ao contido

Beatriz García Turnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBeatriz García Turnes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, filóloga Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1469929 AELG: 569 BUSC: garcia-turnes-beatriz-1973

Beatriz García Turnes, nada en Santiago de Compostela en 1973, é unha filóloga e escritora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 2008 coa tese Ideas sobre o galego e as orixes do portugués na lingüística lusa do século XIX. Xénese e impacto en Galicia da hipótese celtista.[1] Publicou artigos sobre sociolingüística histórica en revistas como Grial, Verba ou a Revista da UNED. Colaborou co Instituto da Lingua Galega nun proxecto de investigación sociolingüística.[2] Especialista en planificación e dinamización da lingua galega e docente de ensino medio é profesora-investigadora no Centro Ramón Piñeiro, onde codirixiu o proxecto Legado de Jürgen Untermann. Tesouro paleogalaico (TPGal).[3]

Como narradora acadou dúas veces o premio Minerva, convocado polo Colexio Manuel Peleteiro, e foi premio Lecturas, promovido pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, coa súa novela Valdamor (2001).[4] Tamén gañou o Repsol de relato curto e o Camilo José Cela.[5]

En 2018 publicou a súa segunda novela, O ouro das lúas[6], e en 2021 a terceira, Esta noite hei de ir a verte, todas na colección de literatura xuvenil Costa Oeste da Editorial Galaxia. En 2024 deu ao prelo na colección Literaria Ronsel da mesma editora Comando Sintrom, o seu primeiro libro de contos.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • O libro dos Reis Magos (2012). Vigo: Galaxia.
  1. "Tese en Minerva". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 10 de abril de 2019. 
  2. "Beatriz García Turnes". www.aelg.gal. Consultado o 2023-10-17. 
  3. "Valentín García acompaña a Beatriz G. Turnes na presentación de 'Esta noite hei de ir a verte' - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-10-17. 
  4. Ficha do libro na Editorial Galaxia
  5. "García Turnes, Beatriz". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-10-17. 
  6. Ficha do libro na Editorial Galaxia
  7. Tese de doutoramento Arquivado 10 de abril de 2019 en Wayback Machine..
  8. "A maldición do papiro alexandrino - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-17.