Beatriz Merino
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de novembro de 1947 ![]() Lima, Perú ![]() |
Ombudsman of Peru (en) ![]() | |
29 de setembro de 2005 – 30 de marzo de 2011 ← Walter Albán (en) ![]() ![]() | |
Presidente do Conselho de Ministros do Peru (pt) ![]() | |
23 de xuño de 2003 – 12 de decembro de 2003 ← Luis Solari – Carlos Ferrero → | |
![]() | |
27 de xullo de 1995 – 26 de xullo de 2000 Lexislatura: Q25410536 ![]() Electa en: Q109425682 ![]() | |
Member of the Senate of Peru (en) ![]() | |
27 de xullo de 1990 – 5 de abril de 1992 Lexislatura: Q28501236 ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Nacional Maior de San Marcos London School of Economics Facultade de Dereito de Harvard ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada, profesora universitaria ![]() |
Empregador | National Superintendency of Customs and Tax Administration (en) ![]() Banco Mundial Universidade César Vallejo (pt) ![]() ![]() |
Partido político | Democratic Front (en) ![]() Independent Moralizing Front (en) ![]() ![]() |
Premios | |
Martha Beatriz Merino Lucero, nada o 15 de novembro de 1947 en Lima, é unha avogada e política peruana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1990 e o 1992 foi Senadora da República e Congresista da República do Perú de 1995 a 2000, formando parte da oposición parlamentaria ao goberno de Alberto Fujimori. Entre os anos 2001 e 2003 ocupou o cargo de Superintendenta Nacional de Aduanas e de Administración Tributaria. En 2003, foi designada como Primeira ministra do Perú baixo a presidencia de Alejandro Toledo, converténdose na primeira muller en desempeñar o devandito cargo no Perú e en América Latina.[1] Foi tamén a primeira muller en ser designada como Defensora do Pobo en 2005, cargo que ocupou ata 2011.
Posteriormente, Merino foi a presidenta da Asociación de Administradoras de Fondos de Pensións de 2011 a 2012 e presidenta da Asociación Peruana de Hidrocarburos de 2013 a 2015.[2][3] Dende 2016 é a presidenta executiva da Universidade César Vallejo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ En 1973, a vicepresidenta arxentina María Estela Martínez (1931-) foi nomeada presidenta da República pola morte do presidente Juan Domingo Perón (1895-1974).
- ↑ "Beatriz Merino renunció a la Asociación de AFP". El Comercio (en castelán). 9 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de marzo de de 2020.
- ↑ "Beatriz Merino: Garbo y Figura". www2.caretas.pe. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2020.