Beatriz de Nápoles
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1457 ![]() Nápoles ![]() |
Morte | 23 de setembro de 1508 ![]() Nápoles ![]() |
Lugar de sepultura | San Pietro Martire (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Nápoles Reino de Hungría ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino de Hungría ![]() |
Ocupación | raíña rexente ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Outro![]() | |
Título | Princesa ![]() |
Familia | Casa de Trastámara ![]() |
Cónxuxe | Vladislau II da Hungria (1490 (Gregoriano)–1500 (Gregoriano)) Matías Corvino (1476 (Gregoriano), 1475 (Gregoriano)–1490 (Gregoriano)), morte do cónxuxe |
Pais | Fernando I de Nápoles ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Joanna of Naples (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
12 de decembro de 1476 (Gregoriano) | coroación (Basílica de Székesfehérvár (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Beatriz de Nápoles ou Beatriz de Aragón e Chiaromonte (en húngaro: Aragóniai Beatrix); nada en Nápoles o 14 de novembro de 1457 e finada ibídem o 23 de setembro de 1508 foi raíña consorte de Hungría, sendo desposada por dous reis húngaros diferentes.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu o 14 de novembro de 1457 en Nápoles como filla de Fernando I e de Sabela de Tarento. O 5 de setembro de 1474 foi prometida polo seu pai en matrimonio ós seus 17 anos de idade co rei húngaro. Logo de trasladarse ó Reino de Hungría foi tomada como esposa polo rei Matías Corvino de Hungría o 22 de decembro de 1476, xunto ó cal gobernou como raíña consorte até a morte do monarca en 1490. Beatriz compartiu con Matías os primeiros anos do Renacemento fóra de Italia, o cal foi exportado a Hungría pola parella real. Axiña o renacemento húngaro alcanzou ó italiano e serviu de ponte para que este chegase ós demais países europeos, como o Sacro Imperio Romano Germánico ou Francia. Desta unión matrimonial non tivo descendencia.
Trala morte de Matías, posto que o rei non tiña herdeiros (soamente o seu fillo ilexítimo oXán Corvino, ó cal quería converter no seu sucesor) Beatriz apoiou ó rei Ladislau Jagellon de Bohemia, o cal foi coroado coa condición de que desposase a Beatriz. Desta maneira celebrouse o matrimonio en 1490, converténdose novamente en raíña consorte de Hungría ata que ó pouco tempo o matrimonio foi anulado polo papa trala petición do mesmo rei húngaro. Esta unión tampouco tivo descendencia.