Beetlejuice
Beetlejuice | |
---|---|
Beetlejuice nos estudios Universal de Hollywood | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Beetlejuice |
Director | Tim Burton |
Produtor | Michael Bender Richard Hashimoto Larry Wilson |
Guión | Michael McDowell Warren Skaaren Larry Wilson |
Intérpretes | Michael Keaton Alec Baldwin Geena Davis Winona Ryder Jeffrey Jones Annie McEnroe Sylvia Sidney Glenn Shadix Catherine O'Hara |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Thomas Ackerman |
Montaxe | Stan Webb |
Estudio | The Geffen Film Company |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 1988 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Fantástico, Comedia. |
Orzamento | $15 000 000 |
Recadación | $73 707 461 |
Filme seguinte | Beetlejuice Beetlejuice |
Na rede | |
http://www.warnerbros.com/beetlejuice | |
Beetlejuice é un filme dirixido por Tim Burton que se estreou en 1988. A partir do éxito do filme, realizouse unha serie de animación co mesmo nome.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia dunha parella de casados (interpretada por Alec Baldwin e Geena Davis) que, despois de adquirir unha fermosa casa na zona residencial da cidade, ambos sofren un accidente de coche no que morren, sen eles sospeitalo. Unha nova familia, formada pola excéntrica escultora Delia e o seu apoucado marido Charles, xunto coa súa filla Lidia, merca a casa e as pantasmas vense obrigados a abandonala contra o seu desexo, polo que, tras descubrir a súa nova natureza, piden axuda a Beetlejuice, un desagradable, berrón e falcatrueiro bio exorcista. Beetlejuice é un «exorcista dos vivos», é dicir, axuda ás pantasmas a botar do seu fogar a calquera ser vivo que os poida anoxar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Michael Keaton como Beetlejuice
- Alec Baldwin como Adam
- Geena Davis como Barbara
- Winona Ryder como Lidia
- Catherine O'Hara como Delia