Bei Shizhang
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1903 Zhenhai District, República Popular da China (en) |
Morte | 29 de outubro de 2009 (106 anos) Pequín, República Popular da China |
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés | |
| |
Membro da Asemblea Popular Nacional | |
Lexislatura: 6th National People's Congress (en) , 5th National People's Congress (en) , IV Congresso Nacional do Povo (pt) , 3rd National People's Congress (en) , 2nd National People's Congress (en) , 1st National People's Congress (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Tubinga Tongji University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Biólogo |
Ocupación | biólogo, político, biofísico |
Empregador | Universidade de Chequião (pt) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Short Biographies of Chinese Science and Technology Experts, Science Series, Volume 1 of Biology (en) |
Bei Shizhang (chinés simplificado: 贝时璋; chinés tradicional: 貝時璋; pinyin: Bèi Shízhāng), nado o 10 de outubro de 1903 no distrito de Zhenhai e finado o 29 de outubro de 2009, foi un biólogo chinés que traballou no programa espacial do seu país.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bei Shizhang graduouse no programa de premedicina da Escola Médica Alemá de Tongji (hoxe en día Universidade de Tongji) en 1921, doutorándose en ciencias naturais pola Universidade de Tübingen (Alemaña) en 1928. Foi elixido membro da Academia Sinica en 1948 e da Academia China de Ciencias en 1955. Entre 1958 e 1983 foi o primeiro director do Instituto de Biofísica da Academia China de Ciencias, do que foi fundador, e primeiro decano do departamento de biofísica da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía da China. Levou a cabo estudos sobre os efectos da radiación nos seres vivos e foi un dos tres expertos que formularon os primeiros plans para o programa espacial tripulado chinés, en 1966. Finou o 29 de outubro de 2009 no seu fogar en Pequín.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Bei Shizhang" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Institute of Biophysics, Chinese Academy of Sciences, ed. (30 de outubro de 2009). "Obituary, Shizhang Bei, 106, Beijing, China" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Rui Liu e Qin Yao (2018). "Bei Shizhang and the establishment of the first Department of Biophysics in China" (PDF). Cultures of Science (1): 73–91. Consultado o 2 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bei Shizhang |