Belarmino Freire Bujía
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Pontedeume, España |
Alcalde de Pontedeume | |
1987 – 2007 ← Celestino Sardiña Fernández – Gabriel Torrente Piñeiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Belarmino Freire Bujía é un funcionario e político galego do PSdeG que foi alcalde de Pontedeume durante 5 lexislaturas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Funcionario da Xunta de Galicia, foi escollido alcalde de Pontedeume por primeira vez nas eleccións municipais de 1987, repetiu parecido resultado nos comicios de 1991, 1995, 1999 e 2003, aínda que sempre lle compreu o apoio doutras formacións políticas como PSG-EG, CPG ou BNG[1] para formar goberno.
No seu penúltimo mandato, a corporación que dirixía Freire concedeulle unha licenza a un veciño para edificar na costa. A liorta chegou aos tribunais e en 2015, cando xa non era alcalde, o xuíz Vázquez Taín condenouno a seis meses de cárcere e sete anos de inhabilitación para emprego público[2]. Non tivo que ingresar en prisión.
Ao cesar na alcaldía reincorporouse no seu posto de funcionario do Sergas[3].
Predecesor: Celestino Sardiña Fernández |
Alcalde de Pontedeume 1987 - 2007 |
Sucesor: Gabriel Torrente Piñeiro |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 05/03/2013.
- ↑ Antón, B. (2015-09-24). "Prisión para el exalcalde eumés por unas licencias del 2001". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-12.
- ↑ Pita Parada, Rocío (2009-09-27). "«En Pontedeume me siguen llamando alcalde»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-12.