Beleriand
Aparencia
Beleriand é un lugar ficticio pertencente ó legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, e que aparece na súa novela O Silmarillion. Neste libro, cóntase a historia das primeiras idades da Terra Media nun estilo semellante ó dos contos heroicos da literatura nórdica.[1] Era un sub continente situado no oeste[2] da Terra Media durante a Primeira Idade do Sol. Orixinalmente, o nome pertenceu só á área arredor da baía de Balar, pero co tempo o nome aplicouse á rexión enteira.
O nome Beleriand na lingua élfica sindarin tradúcese como ‘grandes terras’ (bele = ‘amplo’, ‘ancho’, ‘grande’; and = ‘terra’). Beleriand tamén aparece no The Book of Lost Tales.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times Book Review, The Silmarillion, The World of Tolkien by John Gardner, 23 de outubro de 1977
- ↑ "Artígo no que se explica detalladamente onde se atopaba exactamente Beleriand".
- ↑ Tritel, Barbara (24 de maio de 1984). "Language and Prehistory of the Elves". The New York Times. Consultado o 7 de xaneiro de 2008.
A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |