Saltar ao contido

Ben Cultural de Interese Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vila romana de Can Llauder, en Mataró, (século I a. C., século III d.C.).

Ben Cultural de Interese Nacional (en catalán: Bé Cultural d'Interès Nacional) ou sinxelamente Ben de Interese Nacional (en catalán: Bé d'Interès Nacional), abreviado BCIN, é unha categoría de protección legal dos bens máis relevantes do patrimonio cultural catalán, tanto de mobles como inmobles,[1] outorgada pola Administración da Generalitat de Cataluña, que o inscribiu no Rexistro de Bens Culturais de Interese Nacional. Constitúe a categoría superior de protección, as outras dúas son o Ben Cultural de Interese Local (BCIL) e o Espazo de Protección Arqueolóxica (EPA).[2]

Castelo de Maldá en Urgell.

A maioría destes bens están recoñecidos como Ben de Interese Cultural na administración do Estado español.

  1. "Declaración de bens culturais de interese nacional". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Descripció del Patrimoni Cultural Immoble de Catalunya, Generalitat de Catalunya, fragmento de la Ley del patrimonio cultural catalán del 30 de septiembre de 1993 (Llei 9/1993)