Benedicto Escourido Cobo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Miñotos, España |
Morte | 2 de outubro de 1948 (19/20 anos) O Carme, España |
Causa da morte | execución extraxudicial |
Actividade | |
Ocupación | maquis, carpinteiro |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Familia | |
Nai | Josefa Escourido Cobo |
Benedicto Escourido Cobo, coñecido como Lúa, nado en Atián (Miñotos, Ourol) en 1928 e finado na mesma parroquia o 2 de outubro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Josefa Escourido Cobo. Carpinteiro e baixista da orquestra de Miñotos. Era enlace do grupo de José Vázquez Gómez "Ubaldo". Logo da súa morte o 12 de novembro de 1947, incorporouse á guerrilla. Foi capturado nun enfrontamento coa Garda Civil xunto con José Porto Lestegás o 2 de outubro de 1948 nos montes de Leborín en Miñotos (Ourol). Feridos por disparos dunha metralladora, ambos permaneceron varias horas agochados até que a “Brigadilla” despregou cans para localizalos e alumeou a zona cos faros do coche de liña de Galera. José Porto gastou a munición que lle quedaba fronte as forzas represivas e suicidouse coa última bala. Benedicto foi detido e -atado a unha escaleira para desprazalo-, torturárono para que descubrise a cova da estrada entre Silán e O Viveiró usada como deposito de armas dos fuxidos.[1] Alí non atoparon armas pero si información sobre Celia González e a súa nai Josefa Escourido. Benedicto, moi malferido, foi asasinado no Salón do Carme de Abaixo (Miñotos, Ourol) onde a Garda Civil parou a xantar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cilia Torna (21 de xullo de 2014). "As mártires de Silán". Sermos Galiza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Máiz, Bernardo (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. p. 171. ISBN 84-7507-320-4.