Bengt Holmén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1929 |
País de nacionalidade | Sueca. |
Q89547790 | Fundación Rut e Bengt Holmén para a Numismática. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Rut Holmén. |
Premios | |
- (2016) Medalla Elias Brenner (SNS). - (2016): Medalla Gunnar Holst. |
Bengt Holmén, nado en Borås en 1929, é un numismático sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bengt Holmén naceu en Borås, no condado sueco de Västra Götaland, en 1929 e a súa familia trasladouse a Hisingen, no municipio de Gotemburgo, en 1933.[1]
En 1951 graduouse en Gotemburgo como mestre de educación primaria e máis tarde graduouse en Historia e Sociedade da Antigüidade, e acadou un mestrado en Historia e un doutoramento en Economía. Holmén fixo patente o potencial da moeda como ferramenta educativa.[1]
Furante décadas foi un impulsor da actividade numismática en Gotemburgo e entre 1987 e 1991 presidiu o círculo numismático desa cidade.[1]
Xunto coa súa muller, Rut Holmén, creou a Fundación Rut e Bengt Holmén para a Numismática (Rut och Bengt Holméns tiftelse för numismatik), integrada no Consello Internacional de Numismática (CIN). En 2015, esta fundación absorveu a Fundación para a Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holsts stiftelse för numismatik), que tamén estaba presidida por Holmén desde a súa creación en 1991.[2]
Entre outras entidades académicas e asociativas, Holmén foi membro da Royal Numismatic Society e da British Art Medal Society (Londres), da American Numismatic Society (Nova York), da Société Française de Numismatique (París), así como doutros organismos como a Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM). Ademais, participou en seis edicións consecutivas do Congreso Internacional de Numismática, organizado polo CIN, entre 1985 e 2015.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2016). Medalla Gunnar Holst, da Fundación para a Numismática Gunnar Holst, de Goteburgo.[3]
- (2016): Medalla Elías Brenner, da Sociedade Numismática Sueca.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Von Heijne, C. (2016). Páxina 145.
- ↑ Von Heijne, C. (2016). Páxinas 144-145.
- ↑ 3,0 3,1 Von Heijne, C. (2016). Páxina 144.
- ↑ "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Von Heijne, C. (2016). "Brenner-medaljen till Bengt Holmén". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 6 de outubro. Páxinas 144-146. ISSN 0283-071X