Benigno Gómez Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1902 ![]() A Veiga, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
![]() | |
marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Benigno Gómez Gómez, nado na Veiga (Carballeda de Avia) cara a 1902, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dono dun serradoiro en Carballeda. Na República, coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Carballeda de Avia a principios de marzo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado. Capturado pola Garda Civil en febreiro de 1939, foi xulgado en Ourense o 16 de xuño con Juan Rodríguez Bóveda acusados de rebelión militar na causa 933/36.[1] Foi condenado a 30 anos de reclusión perpetua. Preso da cadea de Ourense, saíu en liberdade condicional en agosto de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939 que foi anulado, e volvéronllo abrir en 1943.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amparo Rivera Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 16-6-1939, p. 3.
- ↑ BOE, 11-2-1943, p. 548.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Carballeda de Avia 1936 |
Sucesor: - |