Benigno Ledo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1867 A Chanca, España |
Morte | 14 de decembro de 1950 (83 anos) Argozón, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, apicultor, catedrático |
Benigno Ledo González coñecido como O cura das abellas,[1] nado na Chanca (Adá, Chantada) o 20 de xullo de 1867[2][3][4] e finado e na casa reitoral de Argozón segundo unhas fontes[2][5][6] e no lugar da Chanca segundo outras[3] o 14 de decembro de 1950,[7][2][6] foi un sacerdote e apicultor galego introdutor dun modelo de colmea de cadro móbil horizontal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi cura párroco de Argozón (Chantada)[8] e propagandista da apicultura. Colaborou en El Lucense, La Voz de la Verdad, El Norte de Galicia, El Ideal Gallego e El Cultivador Moderno. Unha das súas achegas máis salientables foi a introdución en 1880 do modelo de colmea coñecido como colmea Layens dende Francia.[2][9] Este modelo fora creado en 1874 por Georges de Layens, modificando unha colmea de cadro móbil. Benigno Ledo introduciuna no seu lugar natal, A Chanca, converténdose no primeiro apicultor español en introducir este modelo en España.[10]
Benigno Ledo foi o creador dun novo modelo de colmea denominada "Ledoargozón"[5] ou "Ledo-Argozón"[7], premiada no Concurso Nacional de Ganados, Maquinaria Agrícola e Industrias Derivadas no ano 1917 e que estaba baseada na colmea Voirnot.[11] Tamén simplificou os procesos de extracción do mel das colmeas modernas.[5] Foi nomeado profesor de apicultura da Deputación de Lugo o 10 de decembro de 1927,[12] cargo que ocupou ata a súa xubilación en 1948. [2] A propia deputación sufragaba os seus gastos para a realización de clases prácticas de apicultura por varios pobos da provincia, eventos que tiñan unha gran confluencia de interesados.[2][13] Dirixiu a aula de Apicultura que estivo situada, en vida de Benigno Ledo, nos xardíns da rúa San Marcos en Lugo, á beira do pazo provincial.[2][14] Tamén instalou colmeas modelo nos xardíns do Seminario diocesano de Lugo, onde tamén exercía labores docentes nesta área.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Cursillo práctico de apicultura adaptado á la región gallega : para uso de los alumnos que se dedican a esta materia y al alcance de toda clase de personas. Lugo: Imprenta provincial, 1929.[15][16] Cunha segunda edición corrixida baixo o mesmo título en 1938.[17]
- Curso práctico de apicultura. Terceira edición da mesma obra, aumentada e corrixida. Lugo: Deputación provincial, 1946.[18] [12] Edición facsimilar publicada por Ediciós do Castro en 1978[19] e 1982.[12][20]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Concedéuselle a Cruz de Beneficencia de Primeira Clase polos servizos prestados durante a epidemia de gripe.[5][2]
- Pola súa faceta divulgadora estaba en posesión da Encomenda do Mérito Agrícola.[5]
- O seu sobriño e continuador do seu labor, Jaime Fernández Ledo, erixiulle unha estatua no seu lugar natal.[12]
- Unha rúa de Lugo, situada no recinto do Campus da Universidade de Santiago de Compostela, á beira da Escola Politécnica Superior, leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apicultura". El Correo de Galicia : órgano de la colectividad gallega en la República Argentina (1112). 15-5-1927. p. 10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Homenaje póstumo a D. Benigno Ledo González". El Progreso (15675). 24-12-1957. p. 3.
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 449.
- ↑ Cora, José de (18 de decembro de 2019). "Benigno Ledo González". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Fallecimiento de un notable apicultor". La Noche (9224). 26-12-1950. p. 5.
- ↑ 6,0 6,1 "Necrolóxica". El Progreso (13481). 16-12-1950. p. 3.
- ↑ 7,0 7,1 Rof Codina, Juan. "La apicultura española de luto" Las Riberas del Eo, 23-12-1950, p. 4.
- ↑ Directorio de Galicia : guía especial de las provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra. Barcelona: Anuario Riera. 1911. p. 138.
- ↑ Lucendo, Jorge (2017). 80 SIGLOS DE INVENCIONES : diccionario de los inventos. p. . ISBN 978-1-9760-7873-6. OCLC 1005849205.
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 450.
- ↑ López Álvarez, Xuaco (1994). Las abejas, la miel y la cera en la sociedad tradicional asturiana. Real Instituto de Estudios Asturianos. p. 158. ISBN 978-84-87212-25-3.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 Rodríguez Troncoso, Amador; Pérez Fernández, José Mariano; Mariño Torreira, Constantino (2015). O Servizo de Extensión Agraria en Galicia 1956 - 2002. Xunta de Galicia. Conselleria do Medio Rural. p. 451.
- ↑ "El cura de Argozón". El Correo gallego : diario político de la mañana (17323). 20-4-1927. p. 4.
- ↑ "Jardines Lucenses". El Progreso (18096). 10-10-1955. p. 15.
- ↑ "[Rexistro de publicacións número 63.226]". Gaceta de Madrid (155): 1684. 3-6-1932.
- ↑ "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020.
- ↑ "Ficha de catálogo". Catálogo BNE. Consultado o 5-8-2020.
- ↑ "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020..
- ↑ Quintás Pérez, Leticia (2015-04-27). "As edicións facsimilares no Castro, un exemplo de recuperación da memoria histórica". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 18 (0): 517–528. ISSN 1988-3285. doi:10.5209/rev_MADR.2015.v18.48574.
- ↑ "Ficha de catálogo". Catálogo Iacobus. Consultado o 5-8-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ledo González, Benigno". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 222.
- "Ledo González, Benigno". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 118. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 18.
- Rielo Carballo, Nicanor (2005). "Ledo González, Benigno". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.